O Partido Popular pregúntase se a alcaldesa de Lugo se vai a atrever a inaugurar o carril bici ou, se pola contra, evitará o acto oficial xa que “non se atreve a dar a cara pola mala planificación e o desplifarro nesta infraestructura millonaria”. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide cre que Lara Méndez “está arrenpentida do proxecto con itinerarios absurdos, mal planificados e sen ningún tipo de consenso coa cidadanía de Lugo”.
Antonio Ameijide fai esta afirmación despois de ver como as obras, que comezaron en febreiro de 2021, e tiñan que estar listas en seis meses, seguen a prolongarse no tempo triplicando os prazos. “Estamos a falar dunha infraestructura que custou máis dun millón de euros e que debería estar rematada en agosto do pasado verán. De momento o carril bici de Lugo so serviu para eliminar medio cento de prazas de aparcamento na Residencia e noutras rúas de barrios próximos” reflexionaba o popular.
Na oficina do Grupo Municipal Popular seguimos a recibir numerosas queixas polo trazado desta infraestrutura e as consecuencias que ten para a cidadanía, sendo moitas destas queixas o trazado realizado na zona das ‘Casas baratas’, onde nun só carril conviven dous sentidos de circulación. “O certo é que semella perigoso como nunha rúa, como pode ser a rúa Mondoñedo, cun único carril de circulación se adapte un carril bici en sentido contrario ao de circulación”, cuestiona Ameijide, circunstancia que tamén se pode ver noutras rúas como en Xulia Minguillón, por exemplo.
Outro punto conflictivo é a subida da Volta da Viña onde a maleza invade parte do carril bici “sendo unha alternativa incómoda e pouco segura para os usuarios. Este tramo ademais é máis estreito e os ciclistas poden golpearse coas zarzas que medran na ladeira que linda con este paso para bicicletas.
Dende o Grupo Municipal Popular volverán a preguntar en comisión cales son os motivos do atraso da obra; as razóns polas que se están a producir continuas reformas así como datos das modificacións que se fixeron no proxecto inicial e os sobrecustes que se puideran derivar destas.