CulturaInfraestruturasTransparencia

O PP afirma que Lara Méndez pagará 139.000€ polo alumeado de Nadal pese a que só se acenderán as luces a metade dos días contratados

By 8 Decembro, 2018Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide afirmou que o goberno local formalizou o contrato do alumeado de Nadal o pasado 4 de decembro, un contrato no que “chama a atención” que se marca como data de inicio do alumeado o 30 de novembro, o que redundará en que os lucenses so poidan disfrutar das luces festivas, como moito, durante 20 días, o 54% do tempo contratado

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, anunciou que Lara Méndez pagará este ano 139.000€ polas luces do alumeado de Nadal, unhas luces que so se acenderán a metade dos días fixados no contrato.

Antonio Ameijide explica que “a nefasta” planificación de Lara Méndez en todo o que rodea a súa xestión a levou a que non se “acordase” das luces de Nadal ata o 2 de novembro, data na que se asinan os pliegos para a contratación do alumeado de Nadal. “Comezando nese prazo está claro que os atrasos tiñan que aparecer, simplemente polos prazos marcados na lei de contratos”, dixo o popular.

O 5 de novembro se anunciou a contratación e, como os prazos son claros, ata o 22 de novembro non se puideron abrir as ofertas, candos e adxudicou á única empresa que se presentou e non formalizaron o contrato ata o 4 de decembro. “Chama a atención que no pliego marquen como data de inicio unha data que non podían cumprir (do 30 de novembro ao 6 de xaneiro)”, explicou o popular, que engadiu que “ademais de aprobar un pliego que non podían cumprir, van a pagar 139.000€ a una empresa cando so vai a prestar o 54% do servizo contratado”.

Neste senso, o popular agarda que Lara Méndez acenda o alumeado o antes posible e que a rexedora non teña a ousadía de organizar ningún acto de propaganda socialista co acendido das luces de Nadal, xa que “tralo fracaso deste ano o que non tería que facer é sacar peito”.

Doutra banda, Antonio Ameijide anunciou que “esixirán” ao goberno de Lara Méndez toda a información relacionada coa contratación do alumeado de Nadal, xa que “pode darse a circunstancia de que os socialistas se vexan na obriga de acender a iluminación sen ter montados todas as luminarias da cidade”.

Para o voceiro popular queda de novo á vista de todos os lucenses “a improvisación” do goberno de Lara Méndez e o seu desprezo ao comercio local. O seu “deixamento” está a provocarlle un dano irreparable ao comercio local que esta fin de semana “perderá” a oportunidade de captar turistas e tamén aos compradores de Lugo que quizais opten por ir a outras cidades que si que fixeron os deberes e colocaron o alumeado de Nadal.

Para o Grupo Popular as présas que agora ten o goberno de Lara Méndez son outro dos parches deste equipo de goberno que se “despreocupou” do alumeado de Nadal mentres a súa compañeira Carmen Basadre se adicou a presentar o díptico “Ponte en Lugo” no que enumeraban actividades a realizar esta ponte na cidade, actividades que “para nada estarán lucidas polo alumeado de Nadal”.

Antonio Ameijide denuncia que a “descoordinación” do goberno socialista os leva a que Lugo sexa unha das cidades españolas que menos días teña de alumeado de Nadal, xa que “sendo optimistas serán 20 días”, algo que propiciará que “o lucense sexa o galego que máis vai pagar por día polas luces ornamentais do Nadal”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies