EconomíaUrbanismo

O PP afirma que Lara Méndez segue sen reaccionar ao reducir á metade o número de licenzas resoltas

By 18 Outubro, 2022Sin comentarios

Antonio Ameijide desvela que o dano que Lara Méndez lle está a facer á economía de Lugo é cada vez máis grande, tendo en conta que no que vai de ano o número de licenzas resoltas no ámbito urbano reduciuse á metade con respecto ao mesmo período do ano anterior

Hai anos que dende o Grupo Municipal do Partido Popular se comezou a alertar dunha preocupante xestión de Lara Méndez nas licenzas: decrecendo mes a mes o número de expedientes resoltos e aumentando os que se almacenan nas dependencias municipais.

Unha afirmación que Antonio Ameijide basea en que de xuño a setembro deste ano resolvéronse a metade de licenzas, para o ámbito urbano, que no mesmo período de 2021, ao pasar de 148 peticións de licenza resoltas nos primeiros nove meses do ano pasado ás 77 peticións resoltas nos primeiros nove meses deste ano.

Antonio Ameijide non entende como unha cidade como Lugo, de case 100.000 habitantes pode estar satisfeita con resolver unha media de dúas peticións de licenza por semana “cando hai centos de expedientes paralizados nas dependencias municipais dende hai anos”.

Pero hai datos aínda máis preocupantes. Segundo a lexislación vixente, a administración debe resolver a petición de licenza en 90 días, pero no Concello de Lugo para o ámbito urbano realízase, de media, o primeiro informe á solicitude de licenza en 287 días e a resolución en 492 días.

Atendendo aos datos das licenzas resoltas no que vai de ano, cada expediente supón un investimento medio de 71.747,31€ en Lugo, ou o que é o mesmo, “cada un dos centos de expedientes que Lara Méndez e Rubén Arroxo teñen paralizados en dependencias municipais supón frear unha inversión de máis de 70.000€ por cada petición de licenza”.

Para os populares, “o goberno local segue sen reaccionar, estancado”. “Vemos como en lugar de poñerse a traballar para desatascar a resolución de licenzas en Lugo, Lara Méndez opta por seguir a lanzar cortinas de fume”, lamentou.

Para os populares “é insostible” a situación na que tanto PSOE como BNG sumiron a Lugo, polo que “urxe” un cambio na xestión para “rematar coa incapacidade amosada por Méndez e Arroxo  e poñer fin á parálise en materia de urbanismo en Lugo”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies