Medio AmbienteTransparencia

O PP afirma que Lugo incumpre o 94% dos obxectivos de desenvolvemento sostible e propón que nos sumemos á folla de ruta da axenda 2030

By 19 Setembro, 2019Setembro 26th, 2019Sin comentarios

Os populares elevarán a pleno unha proposición co ánimo de que o concello se comprometa “a desenvolver políticas que impulsen os 17 obxectivos de aplicación universal (denominados ODS) que rixen os esforzos dos países para lograr un mundo sostible nas esferas económica, social e ambiental”

O Partido Popular propón “crear unha comisión que teña por obxecto avaliar os avances na aplicación da axenda 2030 de desenvolvemento sostible, formada por representantes da Corporación Municipal e técnicos municipales”.
Segundo o informe que presentou a finais de 2018 a Rede Española para o Desenvolvemento Sostible ( REDS), analizando varios parámetros en 100 cidades españolas, observamos que o concello de Lugo queda en mal lugar xa que “dos 16 obxectivos analizados (o de Vida Submarina non é de aplicación) soamente un cualifícase como verde, é dicir, hai un total de quince obxectivos que aínda non se cumpriron”.

O Informe sinala que das 100 cidades españolas estudadas, a maioría teñen máis obxectivos cumpridos que o de Lugo, por tanto, é necesario que o bigoberno adopte as medidas necesarias para cambiar esta situación, a través de políticas que teñan por obxecto o cumprimento dos ODS. Ameijide subliñou que a comisión que propoñen se encargaría de “establecer estratexias que vaian dirixidas ao cumprimento destes obxectivos, así como para render conta periodicamente do cumprimento dos mesmos, podendo invitar a participar nesta comisión aos distintos actores sociais de diversos ámbitos”.
Os obxectivos de desenvolvemento sostible son “rematar coa pobreza, mellorar a saúde e o benestar, educación e igualdade, o medio ambiente da cidade, a creación de emprego e o crecemento económico. a enerxía asequible e non contaminante, produción e consumos responsables”.

Ameijide explica que “a Axenda de Desenvolvemento Sostible para o período 2015-2030 foi aprobada no Cume de Desenvolvemento Sostible, en Nacións Unidas, o 25 de setembro de 2015, a cal pretende un desenvolvemento sostible mediante unha Axenda universal, para todos os países e todas as persoas, onde as cidades xogan un papel primordial. Os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e ás 169 metas que os integran, son de carácter transversal e están fortemente interrelacionados.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies