O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular Enrique Rozas pide ao bipartito que se deixe de manipular e de faltar á verdade lamentando o oportunismo das declaracións do goberno local con respecto á praia fluvial no Miño indicando que “con este tipo de saídas se confirma que o novo goberno non mudou de estratexia e que, en vez de traballar, utiliza o ataque e a confrontación como folla de ruta para ocultar a súa falta de traballo”
Os populares pregúntanse como pode a alcaldesa achacar á Xunta un boicot ao proxecto cando hai unha resolución do ano 2016 da CHMS na que se indica que “se declara desistida a solicitude para autorizar a zona de baño no Miño” porque na Diputación, onde Lara Méndez era a vicepresidenta, en CINCO anos non aportou a documentación que se lle requerira para este proxecto
Lara Méndez non é crible cando fala da praia fluvial cuxo partido, con responsabilidades no Concello e na Deputación, a que leva prometendo dende o ano 2011”. Se os lucenses estamos pasando outro verán máis sen poder gozar dunha zona de baño público no Miño é pola improvisación e a torpeza de socialistas e nacionalistas.