Cultura

O PP afirma que moitos lucenses non poderán facer o lume novo nas súas fincas particulares porque Méndez renunciou a autorizalas cun bando

By 23 Xuño, 2020No Comments

Os populares acusan ao goberno local “de mentir descaradamente aos veciños a quen se lles está informando erróneamente que é a Xunta a que prohíbe as cacharelas cando o que, unicamente, non autoriza é facer as fogueiras en espazos públicos”

Dende o Partido Popular aseguran que moitos veciños de Lugo desistiron esta noite de facer as fogueiras do San Xoán en fincas privadas pola neglixencia da alcaldesa de Lugo. O vicevoceiro popular explicaba que Lara Méndez “non foi previsora e renunciou a facer un bando, tal e como fixeron noutros municipios galegos, onde se autorizaba a facer cacharelas en parcelas ou xardíns particulares con grupos reducidos de persoas.

Antonio Ameijide tamén amosou o seu malestar porque dende o goberno local se ordena que o 010 esté trasladando unha información falsa aos lucenses que preguntan como poden solicitar permisos para o lume novo.

O popular explica que “se minte de forma descarada cando aseguran que é a Xunta a que prohibe estas fogueiras, algo totalmente falso porque o único que non autoriza é facelas en espazos públicos”. “Diante desta información é normal que non haxa peticións no concello” razoaba Ameijide.

Os populares lembran que a competencia sobre si se poden facer ou non cacharelas en fincas ou xardíns privados é dos concellos polo que lamenta a inacción de socialistas e nacionalistas nesta cuestión. “É un contrasentido que organicen actos do arde lucus, ou actos entorno á muralla cando logo impiden aos lucenses que fagan cacharelas para os seus fillos, netos ou grupos moi reducidos de amigos.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies