O voceiro popular Ramón Carballo repasou a colección de fiascos e actuacións pouco éticas do bigoberno do que levamos de mandato como “uso abusivo de contratos menores, cacicadas no rural, aumento de postos de libre designación, pérdida de subvencións, reducción e externalización de servizos, fracaso da implantación electrónica”
O voceiro popular asegura que neste primeiro ano de mandato quedou ao descuberto o falso progresismo do PSOE e o BNG. Ramón Carballo dixo que Méndez e Arroxo en vez de apretarse o cinto, para que ninguén quede atrás como pregonan o que fixeron foi consignar partidas para comprar coches oficiais de alta gama, e subirse o soldo pasando a ter o goberno máis caro da historia da cidade.
Os lucenses tamén asistimos aos desencontros entre ambas partes do goberno un deles cando a alcaldesa suspende actos do halloween mentres que o BNG segue adiante coa programación desautorizando a Méndez. A dualidade do goberno é negativa para dárlle unha estabilidade porque marcan dúas folla de ruta, con dúas estructuras distintas e dous puntos de vista diferentes.
Durante a súa intervención, Carballo recoñeceu o mérito de Méndez por conseguir que coñezamos onde está Vancouver logo “do uso reiterado do mantra do Green Vancouver que repite a modo de cortiña de fume para tapar que non hai un proxecto de cidade nin definido, nin único”.
“Estes primeiros 18 meses seguiron demostrando que son incapaces de sacar adiante proxectos que veñen de antes (demolición Garañón, actualización PEPRI, revisión PXOM, Praia Fluvial …); por outra lamentablemente se confirman as nosas previsións e se vén de condenar ao Concello de Lugo a pagar unha indeminización de 2,5M€ pola Fábrica da Luz pola desastrosa xestión desta concesión” resumiu.
O voceiro popular repasou algunha das actuacións e perlas que deixou este ano o bigoberno “escoitamos frases incomprensibles ao Pablo Iglesias como cando dixeron que “Los okupas no es un problema que en Lugo tengamos en este momento”. Asistimos ao “uso de forma abusiva modelo de contratos menores a dedo”, á politización política cultural e a nula política turística “proba do seu desinterese foi a perdida dunha subvención do Ministerio de 43.000 € para promocionar e difundir a Muralla”.
Canto ao persoal fixeron unha nova RPT que era máis que necesaria, pero non é, precisamente, a que necesitaba o Concello para ter unha xestión eficaz. Aumentaron os postos de libre designación e desmantelaron servizos como a brigada de augas, ou, nun futuro próximo, inspección de tributos mentres, nos seus cinco anos de goberno, acumularon 22M€ pendentes de cobro.
O voceiro popular tamén explicou como “as restriccións por mor da covid certificou o fracaso da implantación da administración electrónica. Para os cidadáns é unha odisea a día de hoxe facer trámites tan sinxelos como solicitar un certificado de empadroamento, ou rexistrar un documento con semanas de lista de espera. Por iso resulta incomprensible que rexeitaran xestionar que o 010 sexa gratuíto tal e como lles pedíamos.
Canto aos servizo sociais “son imperdoables os retrasos de pagos das axudas ao aluguer.(Houbo familias agardando ata seis meses por elas). Non foron quen de consumir as horas do Servizo de Atención no Fogar deixaron o 10% do tempo sen consumir, o que equivale a 225.000 € perdidos por falta de xestión. O voceiro popular non paso por alto “a negativa do bigoberno a incorporarse ao VIOGEN asi como a Rede de Municipios contra a Violencia de Xénero ou mesmo o seu rexeitamento, contra todo pronóstico, a ampliar o horario de atención da Casa da Muller.
Carballo tamén acusou a socialistas e nacionalistas de levar a cabo cacicadas no rural e de reducir servizos para as parroquias en alusión ao peche “por decreto” de 7 escolas rurais que funcionaban como centros de convivencia co conseguinte despido dos seus traballadores pese a que a alcaldesa prometera manter servizos municipais e empregos nesta época de pandemia.
Carballo foi critico coa falta de diálogo do bigoberno de Lugo “non buscaron os consensos e que fagan permanentemente oposición á oposición, sempre en actitude de ataque.