O PP lamenta que o tirapuxa entre PSOE e BNG traslade fóra do municipio “unha imaxe de absoluta improvisación” que afecta á reputación da que sempre foi a festa máis importante do outono galego e que “hoxe está no aire pola falta de criterio único e o desinterese do bigoberno”
O PP lamenta que a páxina oficial do San Froilán 2021 e as redes sociais estén desactualizadas xa que a última entrada corresponde a outubro do ano pasado co que “a estas alturas e tendo en contaque non hai programación oficial a difusión é nula”
A última entrada que figura tanto na web como en twitter, Facebook e instagram é do 13 de outubro de 2020 e “nela Maite Ferreiro fai un agradecemento público ás persoas que fixeron posible a cultura segura da semana de actos programados co gallo das patronais”
Os populares tamén lamentan que nesta nova edición do San Froilán non vaia haber programas de man “coa excusa da pandemia” e lembran a PSOE e BNG que non todo o mundo ten acceso ás novas tecnoloxías