Economía

O PP afirma que o concello de Lugo está “nunha deriva financeira preocupante” e que hai un deterioro significativo das contas públicas

By 18 Setembro, 2023No Comments
  • A voceira popular explicou que a conta xeral é unha imaxe fiel de como está a economía do concello e as cifras que estudamos neste documento indican que o concello de Lugo está nunha “situación de insostibilidade económica e que están tirando de aforros para sair ao paso”

 

  • Elena Candia afirma que PSOE e BNG suspenden en xestión económica porque “gastan máis do que ingresan incumprindo a estabilidade orzamentaria e tamén hai un resultado negativo nas contas de preto de 14 millóns de euros”.

 

  • Os populares explican que no informe do servizo de intervención “fanlle 32 tiróns de orella ao goberno local propoñendo 19 medidas dun plan de accións e 13 advertencias de control financeiro e tamén indica que esta situación constitúe un incumprimento dos objetivos de estabilidade orzamentario e da regra de gasto (*)”; precisamente no informe de intervención se apunta “a necesidade de aplicar de inmediato medidas de corrección na evolución orzamentaria cara a evitar situacións de incumprimento en canto desapareza a suspensión das regras fiscais, que podería ser en 2024”.

 

OUTRAS CIFRAS

 

  • En 2022 o concello de Lugo pagou 191 reparos de legalidade por un importe de 633.019.98 o que confirma que unha práctica que debería ser execepcional no concello de Lugo faise de forma habitual.

 

 

  • Con respecto aos saldos de dubidoso cobro indicar que dende 2015 ata o ano 2020 ascendían a 16 M€ e o histórico dende 1998 ata o 2022 suma 34,6 M€ polo que a voceira popular indicou que solicitará un expediente de depuración de saldos que clarifique a situación.

 

  • Por último hai que destacar que hai proveedores preocupados porque non lles pagaron os servizos prestados estamos falando de 612 facturas gardadas nun caixón

 

  • Os populares tamén analizaron as liquidacións dos orzamentos de 2022, observan que hai un desfase do que preveían recaudar do que finalmente ingresa o concello en caixa explicando que, unha de dúas ou minten e inflan os datos ou executan moi mal.

 

DATOS LIQUIDACIÓNS:

 

2022                             Previsión Ingresos                        Recaudan

 

Auga                                5 M€                                                1,9 M€

Sumidoiros                  2,7 M€                                             1,43 M€

Lixo                               7,2 M€                                             3,3 M€

 

2021

 

Auga                             5 M€                                                2,9 M€

Sumidorios                 2,7 M€                                             1,6 M€

Lixo                               7,2 M€                                             4,8 M€

 

PERSOAL

 

Cando o gasto de persoal (29.828.778,46) hai que subliñar que supón case un 30% dos orzamentos pero este é un dato pouco fiable xa que hai multitude de vacantes sen cubrir e iso tensiona aos servizos, moitos baixo mínimos; tampouco se reflicten os servizos que están externalizados e que tamén supoñen un custo para arcas municipais.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies