Os concelleiros do Grupo Municipal do PP esixen que se realicen de inmediato os traballos necesarios para corrixir este problema e que se estudien as causas deste afundimento para detectar a súa orixe e darlle unha solución
Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo poñen de manifesto, unha vez máis, a incapacidade do goberno local para arranxar os problemas diarios dos lucenses, poñendo o foco nun blandón que hai na rotonda de Garabolos, xa denunciada o pasado mes de decembro, e que agora aumentou poñendo en serio risco a seguridade viaria.
Os concelleiros populares sinalan que dende o goberno local, lonxe de poñer unha solución ao problema, o que fixeron foi deixar que o blandón medrara sen control e poñer catro vallas e un cono. “En lugar de poñerse a traballar para dar coa orixe do problema, que pode ser unha fuga de auga subterránea, o que fan e poñer unhas vallas á espera de que se afunda de todo e apareza un cráter na rotonda”, lamentan.
Para os populares a desidia do goberno local é moi cuestionable, sobre todo ao ter en conta que por este punto pasan miles de vehículos ao longo do día, provocando evidentes dificultades á conducción, polo que urxe o arranxo deste blandón.