O popular Antonio Ameijide pide explicacións ao goberno socialista dos motivos polos que só había un operario para cubrir as incidencias de toda a rede da cidade matizando que “durante 1 semana, de cada 3, o servizo só ten un operario en turno de tarde”
Partido Popular denuncia que o desmantelamento do Servizo Municipal de Augas provoca retrasos e sobrecustes na reparación das fugas que se rexistran na rede de abastecemento. O concelleiro popular manifestaba a súa queixa logo de comprobar que, onte á tarde, só había un único operario municipal de garda para facer fronte a unha gran fuga que se rexitrou na rúa Ameneiro. Ameijide pregúntase en que mans estamos, xa que “é sorprendente que un servizo municipal que se encarga do mantemento e as avarías da rede quede ao descuberto de tal forma”.
O concelleiro do Partido Popular considera insuficiente tener a un solo trabajador para atender el servicio asegurando que “durante 1 semana, de cada 3, se repite la misma situación”. Ameijide expresou o seu malestar pola actitude do goberno socialista que, en vez de reforzar o servizo, mantense firme na política de desmantelamento que só beneficia ás empresas ás que hai que recurrir para solucionar as fugas.
Á vista desta situación os populares presentaron unha batería de preguntas nas que solicitan información, entre outras cousas, do número de traballadores que hai na actualidade destinados ao servizo, e destes cantos se ocupan da reparación da rede de auga; tamén reclaman información sobre o sobrecusto que supón ter que recurrir a empresas privadas para colaborar na reparación das avarías. O popular tamén puxo o acento en se o equipo de goberno considera que é una práctica segura que un só traballador acuda a arranxar unha avaría de augas. Xa por último solicitan información sobre os pasos se deron para a sustitución progresiva da rede de fibrocemento existente reclamando información sobre os criterios que se utilizan á hora de levar a cabo o recambio destas tuberías.
Ameijide lembrou que “grazas a unha iniciativa da súa autoría se forzou ao goberno socialista a comprar equipos e cabina para manipular tuberías de fibrocemento o que permite aos traballadores municipais a realizar as reparacións sen ter que recurrir a empresas externa”.