Economía

O PP afirma que os orzamentos de Lara Méndez son unha mentira xa que os asenta en fondos europeos que non sabe se van a chegar ás arcas municipais

By 7 Decembro, 2022Sin comentarios

Antonio Ameijide critica a xestión económica de Lara Méndez á fronte do Concello de Lugo tras ver como a rexedora pasou de presumir de ter débeda cero a afirmar que vai a recorrer a un crédito de 11M€ xa que é consciente de que hai moitas posibilidades de que eses fondos europeos dos que presume nunca cheguen ao Concello de Lugo, polo que endebedará aos lucenses

A falta de transparencia segue a ser a dinámica elixida por Lara Méndez para dirixir o Concello de Lugo. Hoxe, na xuntanza do Consello Económico e Social Municipal, deu unha nova mostra de que oculta información xa que toda a documentación que achegou dun proxecto de orzamento de 118M€ foron “dúas carillas de papel”.

Antonio Ameijide critica que “a única información que nos facilitaron foi un breve análise, sen rigor, e sen aportar o proxecto de orzamentos para o seu estudo”. Para o popular, Lara Méndez mantén unha dinámica moi mala de “dar a mínima información ou menos se é posible” aos cidadáns e á corporación.

Explica Ameijide que os orzamentos que anunciaron esta semana Lara Méndez e Rubén Arroxo “son unha mentira” xa que están baseados en premisas falsas.

Neste senso, o popular destaca que, en primeiro lugar, Lara Méndez presume da conxelación de taxas e impostos municipais pero que é “unha mentira despois de ver como as taxas de ocupación de vía pública se multiplican por 3 e, nalgúns casos, por 4 comparando os prezos para 2023 cos da última ordenanza en vigor”. As ordenanzas fiscais para 2023 aprobáronse no pleno de outubro de 2023.

En segundo lugar, son uns orzamentos irreais “condicionados a uns fondos europeos que ninguén sabe se van a chegar ás arcas municipais”. “Temos como mellor exemplo o cuartel de San Fernando, do que Lara Méndez dixo ter 12M€ pero que, á hora da verdade, xa recoñeceu que non hai 6Me e dous outros 6M€ non ten nin 1€”, puntualizou.

Para Ameijide, as contas que anunciou Lara Méndez son un recoñecemento da difícil situación que atravesa o país polo incremento do custo da vida. “A rexedora fala dun incremento na cantidade que se recibe dos impostos estatais pero non di que é a “consecuencia do aumento do custo da vida” a consecuencia da subida dos prezos dos combustibles, da luz, da cesta da compra, a inflación…

 

¿Proxecto estrela?

Antonio Ameijide pregunta a Lara Méndez por que presume de proxecto estrela coa Fábrica da Luz, un edificio no que quere abrir unha cafetería que, finalmente terá un custo de 3.1M€ (2.4M€ de indemnización e algo máis de 650.000€ para a obra da cafetería). “Vemos isto como a última ocorrencia dunha alcaldesa que perdeu a concesión para a explotación de enerxía hidroeléctrica (que databa do ano 1894) e que presume dun Lugo Verde desbotando a posibilidade de producir enerxía limpa”, lamentou.

Tamén sinala o popular que Lara Méndez debe querer pasar á historia como a rexedora das cafeterías municipais pechadas, xa que xa ten a do Vello Cárcere e a do parque o concurso quedou deserto.

Xestión económica fracasada

As contas que presenta Lara Méndez para 2023 certifican “o fracaso económico” do PSOE xa que tras presumir que o Concello de Lugo tiña débeda cero en 2017 “agora falan de recorrer a un crédito de máis de 11,7M€, seguramente coñecedora de que os fondos europeos dos que fala non chegarán a Lugo”.

Por último, Ameijide agradece a Lara Méndez que recoñeza o que durante moitos anos leva denunciando o PP: que o Concello de Lugo bloquea a inversión económica en Lugo xa que a alcaldesa agarda “aumentar a recadación coa nova ordenanza de urbanismo e a eliminación de trabas burocráticas no concello de Lugo”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies