Tráfico

O PP afirma que os socialistas celebran a semana da “inmobilidade” en vez da mobilidade europea

By 20 Setembro, 2016Setembro 22nd, 2016Sin comentarios

 O vicevoceiro do Partido Popular Antonio Ameijide lamenta o “pasotismo dos socialistas por non organizar eventos para concienciar” sobre a importancia do uso responsable do coche, potenciar o transporte urbano así como os desplazamentos a pé ou en bicicleta

O GMPP critica que o goberno local deixase de lado a organización da tradicional programación da semana da mobilidade europea. Antonio Ameijide considera que “este pasotismo” reflicte “o nulo compromiso dos socialistas de Lugo por mellorar a calidade de vida da cidade e por cambiar comportamentos que contribúan a agravar os problemas de tráfico”. O vicevoceiro dos populares afirma que este equipo de goberno celebra a “inmobilidade en vez da mobilidade europea” en alusión a supresión dos tradicionais eventos e actividades que se programaban entre os días 16 e 22 de setembro.

Antonio Ameijide explicou que nesta edición da semana europea da Mobilidade o Concello de Lugo nin tan sequera se adheriu ao programa que organiza o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente sobre a mobilidade inteligente.

O edil do PP apuntou que hai medidas sinxelas e económicas para incentivar os desprazamentos a pé, autobús ou bicicleta e que se poderían poñen en práctica a curto prazo”. Entre elas destacan actividades de concienciación en colexios; buzoneo e reparto de información sobre liñas, frecuencias, horarios e as posibilidades do transporte público así como a gratuidade para menores de 18 anos e a confección dunha guía de transporte intuitiva e cómoda similar a do metro.

O vicevoceiro dos populares tamén solicitou  a creación do Metro minuto que consistiría na creación dun plano de Lugo indicando a distancia e o tempo do percorrido a pé entre diferentes puntos da cidade. Ademáis se colocarían unha serie de paneis informativos, ao longo casco urbano, co mesmo deseño e cores que as liñas de metro das grandes cidades. “Os lucenses poderiamos calcular se nos compesa ir andando ou se precisa outro tipo de transporte” reflexionou Ameijide.

O popular matizou “é necesario concienciar aos veciños da posibilidade de moverse por Lugo sen necesidade de sacar o coche para todo” engadindo que “cando facemos os desprazamentos andando, contribuimos a mellorar a cohesión social dos nosos municipios así como a igualdade de oportunidades no uso e disfrute do espacio público”. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies