O voceiro do PP considera “esperpéntico” que o goberno local se vexa obrigado a iniciar de cero o expediente para a construcción do elevador do Sagrado Corazón “porque se lle despistaron os prazos”
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular ironizou co ritmo de traballo do goberno socialista tras coñecerse que se volve a contratar a construcción do ascensor do Sagrado Corazón. “É esperpético que se venda esta actuación cando, a estas alturas, xa tiña que estar xa funcionando” matizou Jaime Castiñeira. Dende o Grupo Popular indican que “é insultante que haxa que volver a contratar a súa execución porque se lles pasaron os prazos” puntualizando que “estamos falando dunha obra de menos de 200.000 €”. Os populares interpretan a nova que se deu a coñecer hoxe polo goberno local como un reflexo da parálise que se vive no concello.
O popular insiste en que a incapacidade de xestión do goberno socialista se demostra con este tipo de actuacións “o modelo do agardado ascensor do Sagrado Corazón é o modelo PSOE” destacou Castiñeira. O voceiro dos populares indicou que teñen moi ben aprendida a lección “prometen, venden de cara a galería os proxectos e trala propaganda non hai nada”.
Para os populares “non hai disculpas que minimicen chegar a este punto de inacción e que xustifiquen novos retrasos”. “Despois de 10 anos de promesas deixar agora pasar o prazo de construcción e volver a iniciar o expediente pon en evidencia a súa incapacidade ”.
O popular lembrou que o elevador para este barrio adxudicouse o 15 de abril de 2015 por un orzamento de 189.769,04 e que tiña un prazo de execución de 16 semanas. “Os veciños tiñan que estar usándolo dende hai meses” aclarou.
Castiñeira manifestou que “os anuncios desta obra levan presentes dende hai case dez años e que a súa construcción foi, dende o ano 2007, obxecto de distintas campañas electorais”.