O voceiro do PP Antonio Ameijide explicou que “a alcaldesa comprometérase, hai meses, a eliminar a sinalización vertical e horizontal de 3 paradas que hai na estrada vella de Santiago co ánimo de facilitar o aparcamento a veciños e comerciantes do barrio”
O PP denuncia que os veciños do barrio de A Ponte sufren a diario “a incapacidade de xestión dos socialistas”. O voceiro Antonio Ameijide explicou que “a alcaldesa esqueceuse de ordenar que se eliminase a sinalización tanto vertical como horizontal de 3 paradas de autobuses, situadas na estrada vella de Santiago e máis dunha parada de taxi en Paseo Álvaro Cunqueiro, que están fóra de servizo dende que se peonalizou a ponte romana”. Estes espacios están ubicados no treito que vai dende o cruce de Polusa ata a Ponte romana.
Os veciños do barrio de A Ponte están indignados polo trato que reciben logo de que o pasado sábado, cando se celebrou o descenso do Miño, se sancionase a todos os vehículos que estaban estacionados nestes espacios malia levar anos en desuso. O voceiro popular Antonio Ameijide indicou que “a alcaldesa non ten disculpa xa que era coñecedora deste problema e deu a súa palabra de que suprimiría esta sinalización para crear preto dunha decena de prazas novas na zona”.
O Grupo Popular acusa ao goberno socialista de marxinar ao barrio da Ponte cando a medidas de transporte, tráfico e seguridade vial. Dende que se peatonalizou a ponte romana perdéronse frecuencias e liñas quedando desconectado o barrio do casco urbano. “É un sin sentido que as paradas que non se usan estean sinalizadas” reflexionou o popular.
Os populares lembran queren saber si hai algún avance no estudo de medidas de calmado de tráfico así como melloras de iluminación e sinalización que o Grupo Popular reclamou en abril de 2016 e que foi votado e aprobado pola corporación.
A necesidade dun deseño global de tráfico na zona xurde tralos cambios de tráfico que tiveron lugar por mor da apertura da nova rotonda, que enlaza o barrio coa autovía de Santiago, xa que hai un incremento significativo de tráfico na estrada vella de Santiago ao seu paso polo barrio da Ponte.
Ameijide indicou que “os veciños temen que o incumprimento dos límites de velocidade provoque accidentes” reclamando cambios puntuais nalgúns cruces conflictivos como o acceso da nova ponte dende Rego da Laxe “se debe dar prioridade a rúa que realmente é a principal trala apertura da nova ponte”.
Nese senso, o popular enumerou outros “puntos conflictivos como o paso de peóns que está situado á altura do cruce do Rego do Espiño onde xa se rexistraron atropelos por exceso velocidade” suxerindo que se sinalice esta paso con avisos luminosos.