Seguridade

O PP afirma que se demostra que hai anos que se puido pechar ‘Las Palmeras’ e esixe unión e o fin das liortas internas do bigoberno nun asunto tan serio

By 18 Marzo, 2023Sin comentarios

Os populares aseguran que tanto a rexedora como o vicealcalde estaban ao tanto das irregularidades que presentaba o local como ter música sen permiso, exceso de aforo ou sucidade, pero sempre optaron por mirar cara outro lado ata que a presión veciñal e as eleccións os obrigaron a actuar 

A 70 días para as eleccións municipais de maio, Lara Méndez e Rubén Arroxo seguen dando mostras de que todas as súas decisións se deben ao electoralismo e o último exemplo é o peche do local de ocio nocturno da rúa Tui ‘Las Palmeras’.

Os populares denuncian que hai moitos anos que “denunciamos” os reiterados problemas de convivencia que xeraba este local de ocio, incluso os veciños levan anos reclamando a clausura do local, pero non foi ata onte “a 70 días para as eleccións” cando no equipo de goberno actuaron.

Rubén Arroxo sinalou que se procedía ao peche do local durante 12 meses, pero pouco despois Lara Méndez desmentía ao seu tenente de alcaldesa ao afirmar que Arroxo asinou un decreto que unicamente obrigaba ao precinto do equipo musical. “Unha nova brecha no equipo de goberno que toman as decisións por intereses persoais e non polo ben dos lucenses”, sinalan.

Para os populares esta decisión “é totalmente electoralista” xa que tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo eran perfectamente coñecedores das numerosas irregularidades que se acumulaban no local, como ter música sen permiso, exceso de aforo ou sucidade, entre outras. “Queda claro que nestes catro anos puideron actuar en calquera momento, pero negáronse ata que a presión da veciñanza e a proximidade das eleccións obrigoulles a actuar”, criticaron.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies