O GarañónSen categoríaUrbanismo

O PP afirma que a senteza do TSXG supón un novo varapau ao urbanismo á carta do PSOE

By 8 Marzo, 2017Sin comentarios

O voceiro popular Jaime Castiñeir teme que a alcaldesa “se someta ás directrices do promotor do Garañón” criticando que Lara Méndez “prefira negociar antes co particular que falar co resto dos grupos políticos”

O voceiro do Grupo Popular Jaime Castiñeira interpreta a sentenza do TSXG como “un varapau ao urbanismo á carta que vén practicando o PSOE”. Jaime Castiñeira refírese á anulación do PERI de 2005 dos terreos situados nas costas do Parque  das polémicas torres puntualizando que esta resolución xudicial “avala as tesis que o PP mantivo, dende o primeiro momento, cando denunciou por inxusto, imprudente e perxudicial para os intereses xerais o convenio cociñado por Besteiro e asinado por Orozco co promotor ”

 Castiñeira tamén manifestou o seu temor de que “a alcaldesa se someta ás directrices do promotor” aludindo “ás negociacións unilaterais que mantivo co particular dándolle todas as facilidades” mentres que, pola contra, rexeitan consensuar unha solución co resto dos grupos políticos da corporación. O voceiro popular recordoulle a Lara Méndez que ainda non respostou á petición que lle presentaron este luns todos os grupos da oposición para reunir a Comisión do Garañón “este órgano de traballo que anteriormente pediu o PP, en xullo de 2015, e que reiteramos con outra proposición en pleno, en xaneiro de 2017”. Castiñeira lembrou que nesta iniciativa o Grupo Popular instou tamén a contratar unha asesoría externa para analizar solucións para a demolición das torres do Garañón e para evitar calquera tipo de indemnización ao promotor por parte do Concello. Para os populares é “inadmisible a cerrazón dos socialistas por buscar solucións de futuro para esta desfeita urbanística, cuxos únicos culpables son os gobernos do PSOE e o seu urbanismo á carta”.

O voceiro do PP pide  aos socialistas a máxima transparencia nas actuacións que semellan estar levando a cabo para desenvolver urbanísticamente a CS-5 xa que “poden agardar a que o promotor presente o seu plan especial para este ámbito, ou ben poden tomar a iniciativa para ordenar esta unidade de actuación primando os intereses dos veciños de Lugo mediante unha modificación puntual do PXOM”. “Agora non temos o lastre do PXOM e podemos actuar con maior libertade” reflexionou o voceiro dos populares.

 Por outra parte, dende o Partido Popular amosan a súa satisfación polo feito de que esta sentenza valide o PXOM vixente xa que “ainda que é un documento mellorable en moitos aspectos  sería un atraso que tiveramos que recurrir a un planeamento de fai 27 anos”. De todas maneiras dende o Grupo Popular lembran que o PP solicitou hai un ano a convocatoria da Comisión de Planeamento para avaliar a incidencia desta normativa sobre o Plan de Urbanismo. A iniciativa se votou a favor de forma unánime no pleno celebrado o 28 de abril.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies