Urbanismo

O PP agarda que o goberno local axilice a detección e eliminación dos tapóns urbanísticos

By 29 Decembro, 2022Sin comentarios

Os populares acadaron o compromiso do goberno local para proceder á eliminación dos tapóns urbanísticos históricos para mellorar a seguridade e mobilidade nos barrios de Lugo.

A demanda de supresión de tapóns urbanísticos na cidade non é nova, nos anos 90 nos gobernos do PP levouse a cabo a supresión de medio cento deste tipo de tapóns, pero dende o ano 2000 coa chegada o goberno do PSOE este ritmo retardouse, é por elo que case todos os grupos políticos, dende o PP ao BNG, trouxemos durante estes anos iniciativas encamiñadas á eliminación destes obstáculos á circulación e xeradores de perigo para as persoas tanto peóns como os propios condutores.

En febreiro de 2020 o GMPP presentou ante este pleno unha iniciativa para a elaboración dun censo de tapóns urbanísticos e para a posta en marcha dun plan de supresión dos mesmos. Dita iniciativa foi aprobada por unanimidade.

Pero, a día de hoxe a cidade conserva, aínda, demasiados tapóns urbanísticos nas súas rúas. En pleno século XXI atopámonos, na práctica totalidade dos barrios de Lugo, con rúas e beirarrúas que se estreitan porque se atopan con edificios, muros ou fincas creando tapóns urbanísticos que entorpecen o tráfico e a mobilidade dos peóns, creando en ocasións, non só dificultades á circulación, senón mesmo creando perigo para os propios peóns.

Co ánimo de devolver espazos públicos á veciñanza reclamamos, novamente, que o goberno local leve a cabo unha planificación que impulse a eliminación destes obstáculos en vía pública, que son reiteradamente denunciados pola veciñanza da nosa cidade.

Resulta evidente que é imposible eliminar todos os tapóns urbanísticos que existen na cidade de golpe, tanto pola complexidade administrativa como pola carga económica pero, en calquera caso é preciso afrontar esta problemática sen máis demora para que estas barreiras se supriman no menor tempo posible.

Algúns dos barrios e puntos afectados serían Rúa Amizade, Camiño de Pipín, Camiño de Friás entre o Sagrado Corazón e Galegos, Carril das Hortas entre Fontiñas e Rei Don García, Rúa San Xillao entre Fontiñas e Rei Don García, Xosé Novo Freire entre Ronda das Mercedes e Praza Fonte do Rei, Rúa Mazaira, Rúa Rof Codina, Rúa Ramos Misioné, Juana La Loca, Dona Urraca, Revista Ronsel, Rei Chiquito ou Orquídea,  entre outros…

Sería conveniente priorizar ás actuacións e iniciar os trámites para eliminar os tapóns nos puntos máis perigosos para os cidadáns, ben porque están na contorna de centros escolares, garderías, instalacións deportivas, centros de maiores e non queda espazo para o paso dos  peóns, ou ben porque xeran importantes atascos e problemas na circulación do tráfico na cidade, continuando de xeito progresivo para eliminar os demais.

Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde e cumpra os puntos de acordo que a continuación se detallan e xa foron aprobados en outro plenos:

  • A elaboración dun censo de tapóns urbanísticos que hai na cidade de Lugo.
  • Posta en marcha dun plan de supresión de tapóns urbanísticos dotado das partidas económicas suficientes e no que se estableza unha planificación priorizando as que máis risco xeran aos peóns e máis dificulten a mobilidade na cidade.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies