Cultura

O PP agradece ao bigoberno que se comprometa a estudar a recuperación da escultura abandonada de Pestana na Praza Roxa

By 21 Outubro, 2021Sin comentarios

Os populares cren que a mellor homenaxe ao escultor finado é manter e protexer a súa obra e tamén suxiren que se consensúe unha proposta “para dárlle a un espazo ou edificio público o nome do artista”

O PP agradece a boa disposición do bigoberno que hoxe se comprometeu a estudar a recuperación da escultura do San Sebastián Alanceado de Paco Pestana e tamén chegar a consensos entre os grupos políticos da corporación para dárlle a un espazo ou edificio público o nome do escultor finado.

A concelleira popular Beatriz Vázquez lembra como esta peza “perdeu a cabeza hai anos” e que de forma provisional apareceu ubicada nun muro da Praza Roxa “antes a peza lucía sobre unha peana que había nun lateral deste espazo”.

Dende o Grupo Popular cren que a mellor homenaxe ao artista finado é manter a súa obra e buscar un lugar apropiado para que os lucenses poidan disfrutar dela.

Outro rogo que se tratou na comisión de Cultura foi o relativo a organizar algún acto especial para a celebración do día das librerías que terá luga o vindeiro día 13 de novembro co obxecto de incentivar a lectura. Vázquez lamenta que o bigoberno zanxe esta proposta coa resposta de que “non van facer nada particular”.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies