#FacendocidadeAuditorioCultura

O PP agradece o apoio de colectivos e persoas anónimas nas accións para reivindicar a súa apertura “a presión tivo o seu efecto: conseguímolo entre todos”

By 11 Outubro, 2024Sin comentarios

Trala confirmación do acto inaugural do Auditorio,os populares celebran que, por fin, tras 4 anos e medio de espera se abra esta infraestrutura ao público.

O PP agradece aos colectivos e veciños anónimos “que nos arrouparon nos últimos meses nas accións de reivindicación promovidas polo Grupo Municipal” reflexionando “parece que a presión tivo efecto” en alusión as mensaxes permanentes que se colocaron en vallas, actos de protesta diante do auditorio, reunións veciñais e iniciativas a pleno e comisións.

Dado que a primeira actuación no recinto xa está confirmada, cumprindo así unha das demandas máis reiteradas pola veciñanza, o  Grupo Popular manifestou o seu desexo de que o anuncio da  inauguración do Auditorio de Magoi, non sexa un “ABRÍMOLO HOXE e PECHÁMOLO MAÑÁ e reivindicamos unha programación estable e un modelo de xestión sólido para que o Auditorio de Magoi sexa un espazo cultural vivo e útil para os lucenses.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies