Cultura

O PP agradece o compromiso e a sensibilidade da Xunta coa Muralla que investirá máis de 450.000€ en obras de mellora e conservación

By 7 Marzo, 2024Sin comentarios

A voceira do Grupo Popular, Elena Candia e o concelleiro Agustín Gallego visitaban xunto con representantes da Xunta (a Directora Xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez Insua, así como con Javier Arias) os cubos onde se van a levar a cabo traballos de restauración e conservación. Trátase do cubo XVIII e do lenzo do cubo LXXI cuxa acta de recepción se asinará o vindeiro luns.

As melloras desta intervención, que forman parte do Plan de conservación e xestión da Muralla, tamén inclúen e revisión do pavimento, a reposición das luminarias así como a limpeza a man da vexetación, tanto do adarve como da parte exterior do monumento. O prazo de execución desta intervención son de 12 meses.

O Grupo Municipal explica que “valorar e coidar o noso patrimonio é esencial para preservar a identidade da historia de Lugo” facendo un chamamento á cidadanía para manter en bo estado a Muralla “temos o privilexio  de contar cun monumento recoñecido pola UNESCO como patrimonio da humanidade e polo tanto é responsabilidade de todos os lucenses contribuír no seu coidado”

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies