Zona rural

O PP alega a Ordenanza da Saca de Madeira para que sexa máis xusta e eficaz para os veciños

By 23 Xaneiro, 2020Xaneiro 27th, 2020No Comments

O Partido Popular defenderá 4 enmendas á Ordenanza de saca de madeira co ánimo de mellorar esta normativa. Os populares queren que se modifique o artigo 5 co obxecto de matizar a súa redacción reclamando que “a limitación que pode estipular o concello para circulación de madeira por calquera das vías ou zonas públicas indicadas nas solicitudes, tendo en conta circunstancias como resistencia e estado do firme, pistas de terra en momentos de moita choiva, ubicación … se engada a obriga do goberno local de ofrecer, se a denegación se alonga máis tres meses no tempo unha alternativa de paso para defender os intereses dos veciños”.

Outro aspecto que tamén solicitan corrixir é o relativo á valoración da gravidade das infracións xa que tal e como está redactada a ordenanza se penaliza en función da capacidade económica do infractor. Para o PP hai que eliminar este aspecto xa que é un sen sentido que se multe aos veciños en función dos seus ingresos e podería supor unha ilegalidade.

Os populares tamén suxiren varias correcións na redación por erros dalgún término inexacto desta ordenanza de saca.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies