Medio AmbienteParques infantís

O PP alerta da existencia dun foso de varios metros de profundidade no Rosalía de Castro sen ningún tipo de medida de seguridade

By 26 Outubro, 2019Outubro 30th, 2019Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular faise eco das queixas remitidas por veciños e usuarios do parque Rosalía de Castro que denuncian a existencia, ao carón da zona de xogos infantil, dun foso de varios metros de profundidade que unicamente ten como medida preventiva unha tapa metálica sen ningún tipo de peche nin candado

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo fan públicas as queixas transmitidas por veciños e usuarios do parque Rosalía de Castro que denuncian a existencia dun foso de varios metros de profundidade ao carón da zona de xogos infantil.

Os populares explican que se trata dun acceso a unha zona subterránea, por debaixo do parque de Rosalía de Castro, que na entrada ten unha prancha de metal, pero que carece de calquer tipo de peche, o que facilita que “calquer persoa cun pouco de forza” poida abrilo sen problemas e acceder ao seu interior. “O problema xa non é o acceso a unha zona que debería de estar protexida, se non que se queda aberto calquer persoa que camiñe despistada pode facerse moito dano xa que a caída e de tres ou catro metros”, sinalan.

Por iso, dende o Grupo Municipal do Partido Popular se presentará un rogo en comisión para asegurar este punto conflitivo e dar así unha respostas ás preocupacións amosadas polos veciños e usuarios desta zona verde da cidade.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies