- Así se desprende dos datos facilitados polo propio goberno local na comisión de transición ecolóxica celebrada o 23 de maio a preguntas formuladas polo Grupo Municipal
- “Dado que descoñecemos o paradoiro da metade da auga que se potabiliza consideramos imprescindible e urxente actuar para revertir a situación cun control das fugas; cun servizo de reparación que funcione 7 días á semana 24 horas e cun sistema dixital dos contadores para reducir o malgasto auga”
XOVES 5 DE XUÑO DE 2023
Os populares afirman que esta situación de despilfarro de auga é consecuencia da falta de control e xestión eficiente da auga potable, da ineficacia na reparación de fugas e de que desaproveitan oportunidades de financiamento para mellorar o sistema de distribución da auga
- A voceira popular Elena Candia e o concelleiro popular Antonio Ameijide analizaron en rolda de prensa o datos facilitados na comisión permanente de transición ecolóxica que se celebrou o 23 de maio a preguntas formuladas polo Grupo municipal relativos aos consumos de agua no Concello de Lugo.
- Segundo as cifras que nos traslada o goberno local durante o ano 2023 tratáronse na ETAP 8 M de m3 de auga (este auga é a que vai directamente á rede de abastecemento municipal para consumo) e tamén se nos informa que desa cantidade utilízase para baldeos 24.406,47 m3
- Outro dato que nos aportan é que no primeiro trimestre de 2024 houbo un consumo de 339.000 litros “en relación aos usuarios dados de alta na subministración de auga potable” polo que facendo unha estimación anual obteríamos que os datos de consumos, baldeos, xardíns e edificios municipais ascende a 5.359.544 m3
- Por tanto se restamos a auga que se trata e se verte na rede de abastecemento (9.8M m3) coa que se consume e se destina a baldeos (4 M m3 atopámonos con 4.486.790 m3 de auga que se perde en fugas ou consumos ocultos (fraudes, dependencias municipais que non cuantifican consumos, regos zonas verdes a que utilizan os bombeiros, maquinarias …)
- Para os populares o feito de que o 45% da auga que se trata se perda é alarmante tendo en conta que a media habitual de malgasto de auga nas cidades españolas é dun 15%
- Neste contexto, no que vimos de certificar que a metade da auga que se potabiliza en Lugo se podería estar malgastando o PP solicita un maior control por parte do concello para o que propón:
- Un Plan exhaustivo de control de fugas
- Reforzar a brigada de augas xa que cun aumento de persoal e recursos se afrontan de forma máis eficaz as incidencias
- Ofrecer un servizo de reparación de fugas 7 días á semana 24 horas garantindo unha disponibilidade constante para solventar avarías
- Modernización e dixitalización para detectar e reducir as perdas de auga nos sistemas de distribución. Propñemos contadores dixitais e sensores que permitan un control máis riguroso e en tempo real das distribucións de auga.
- Partidas económicas para mellorar as infraestruturas hídricas (fibrocemento, renovación rede polígono do CEAO, abastecemento núcleos rurais)
Os populares recriminan que PSOE e BNG leven anos prometendo melloras que nunca chegan como a de utilizar o sistema de recirculación instalado. Tamén lembran que nos últimos oito anos (entre 2015 a 2023) o Concello de Lugo ingresou en concepto de recadación neta polos recibos de auga e de alcantarillado 26,643.117,67 M€; e como dereitos recoñecidos netos 49.155.329,31. “Non poden alegar que non tiveran fondos suficientes para revertir na mellora do ciclo da auga e facer melloras no servizo” razoaban.
Por último reflexionaron sobre a dobre moral de PSOE e BNG xa que “defenden un ecoloxismo a ultranza pero á hora da verdade non dan exemplo e miran cara outro lado sen solucionar o derroche diario de auga”