Sen categoría

O PP alerta de que PSOE e BNG fixeron obras que agravaron ou crearon novos puntos negros de inundación en Lugo

By 24 Abril, 2025No Comments

Ramón Cabarcos lamenta que o goberno local actúe sen criterio técnico, coordinación nin planificación, baixo un modelo de cidade de “pinta e colorea” que provoca máis problemas dos que resolve.

O vicevoceiro do Grupo Popular, Ramón Cabarcos, denunciou esta mañá que os episodios de choiva intensa, como o vivido o pasado 11 de abril, volveron poñer en evidencia a mala xestión do goberno bipartito en materia urbanística e ambiental. “En 25 anos non foron quen de arranxar os problemas de sempre, e agora, alí onde fan obras, crean outros novos”, advertiu Cabarcos.

Durante a rolda de prensa, Cabarcos sinalou varios puntos concretos da cidade nos que o executivo local realizou intervencións que, lonxe de mellorar a situación, agravárona (Lamas de Prado, Fingoi de Abaixo, Calzada da Ponte, a rotonda do Impulso Verde ou Serra de Meira). “Fixeron obras sen ter en conta aspectos básicos como a pendente dos terreos, a evacuación de augas ou a integración co sistema de drenaxe existente”, explicou.

“PSOE e BNG practican unha política de escaparate, baseada en obras para a foto, sen análise técnico nin visión a longo prazo. Actúan como se o chan fose un decorado. Lugo non precisa máis maquillaxe urbana: precisa planificación, rigor e accións útiles”, afirmou o concelleiro popular: “Lugo precisa responsabilidade, planificación e accións reais, non anuncios para tapar a súa inacción”.

Cabarcos tamén criticou a falta de humildade e diálogo do bipartito: “No pleno de 2023 presentamos un plano detallado cos puntos negros da cidade, elaborado polo noso grupo a partir de visitas ao terreo e achegas veciñais. PSOE e BNG votaron en contra. A súa soberbia impídelles aceptar propostas que non sexan da súa autoría, aínda que sexan boas para Lugo”.

Para concluír, advertiu: “Non é que non fixeran nada. É que o que fixeron, fixérono mal. Lugo non pode seguir pagando os erros dun goberno sen previsión, sen control e sen resultados. O PP seguirá traballando con propostas serias, escoitando aos técnicos e á veciñanza, porque temos claro que gobernar non é pintar nin parchear, é planificar e resolver”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies