Urbanismo

O PP alerta de que sigue medrando a factura do Impulso Verde que se achega aos 2.7M€

By 30 Agosto, 2022No Comments
Impulso Verde

O Partido Popular considera “un despilfarro o saco sen fondo en que se está a converter a obra do edificio Impulso Verde, o icono do desenvolvemento sostible da alcaldesa de Lugo”.Dende o PP insisten en coñecer os prazos de apertura do edificio que leva 9 meses de retraso .

“Sen cuestionar o interese arquitectónico do edificio, e sen cuestionar a importancia de potenciar os materiais empregados insisten en que “facer un edificio deste nivel sen ter claro o uso e sen integrarlo no medio é tirar o diñeiro de todos os lucenses”.

A concelleira popular Mar Carballas explica como “a última intervención adxudicada deste despropósito é o xardín vertical que cubrirá parte da fachada que se adxudicou  o 11 de agosto por un importe de 26.226,29 € e queda pendente a iluminación das fachadas que se cubran con plantas para a cal se estima un gasto de 11.000 €” e dicir, o novo gasto ascende a 37.226,29€.

Os populares anuncian que ademais de solicitar información dos prazos de apertura do edificio queren que se clarifique o seu uso definitivo xa que “sempre que preguntamos responden con xeneralidades”. Os populares tamén comprobaban esta mañá como “ainda non se iniciou o acondicionamento da parcela uns traballos adxudicados o 5 de xaneiro de 2022 por un importe de 148.695,99 €”. En punto morto tamén está a execución dos 74 hortos de alto standing que se montarán no entorno do edificio e que supoñen un gasto de 10.000 € cada un. O 13 de maio adxudicouse esta intervención que tería que estar concluída para outubro, cun orzamento 727.474,80.

A popular conclúe: “o urbanismo sostible vén para quedarse pero hai que distinguir obras que supoñen un beneficio para o medio ambiente e proxectos para potenciar a imaxe persoal da alcaldesa de Lugo que se están acomentendo para malgastar fondos de Europa”

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies