• Enrique Rozas: “Este escrito o único que está provocando é desconcerto, preocupación é tensións internas que poderían repercutir na atención final do cidadán” ademais de confirmar o que vimos denunciando dende hai anos “a falta de persoal, a falta de diálogo e a mala planificación que ten este goberno”
MARTES 20 DE FEBREIRO DE 2024
• Enrique Rozas explica que na actualidade “en moitos departamentos do Concello de Lugo non hai persoal suficiente, nin teñen a categoría adecuada xa que a Relación de Postos de Traballo aprobada en 2020 quedou obsoleta”
• Os populares entenden que o escrito que remitiu o concelleiro de Recursos Internos responde a unha estratexia do goberno do PSOE e do BNG de Lugo para “culpar aos funcionarios da falta de planificación que hai nos servizos”.
• Os populares explican que esta situación é froito dunha nefasta política de persoal explicando que “hai servizos con vacantes sen cubrir” acusando directamente a que agora é alcaldesa de Lugo de permitir que se chegase a esta situación dado que “foi a responsable da área de persoal durante anos”
• Enrique Rozas entende “que Permuy estea intentando solucionar un problema herdado ante a caótica situación que se está vivindo en moitos departamentos” pero lamenta non só o fondo da circular senón tamén as formas xa que “o primeiro que se debería facer era falar de forma persoal cos xefes de servizos para coñecer as necesidades e logo tomar as decisións oportunas”