Zona rural

O PP alerta do mal estado da rede viaria que comunica as 54 parroquias de Lugo

By 8 Abril, 2024Sin comentarios

Luns 8 de ABRIL DE 2024

 

  • A popular Flor Rubinos explica que hai tramos das pistas que desapareceron ocultas pola maleza, hai outras que están intransitables con fochancas de máis de vinte centímetros de profundidade por falta de mantemento ; noutros casos como na pista de Fonte do Mouro de Esperante o mal estado da pista provocou mesmo unha avaría no autobús urbano.

 

  • Dende o PP tamén piden un maior control por parte do goberno local das pistas que se utilizaron para a saca de madeira “para que queden no mesmo estado de limpeza e conservación que cando se iniciaron os traballos”

 

  • A edil do PP lembra que “o goberno local ten a responsabilidade de facer cumprir a ordenanza que obriga ás empresas a repoñer o deterioro das pistas consecuencia do paso da maquinaria”

 

  • Flor Rubinos insiste en que “é preciso que o goberno local cambie a forma de traballar, e que se planifiquen as reparacións dos firmes para que non se fagan só cando chama o pedáneo de turno”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies