O concelleiro popular Manuel López insta a Lara Méndez a que garantice a estabilidade do edificio, unhas obras orzamentadas hai máis dun ano en 27.696 €, reclamando que “antes de finalizalas se decida quen e para que se van utilizar”
O Grupo Municipal do Partido Popular alerta do progresivo deterioro que presenta a escola rural de Cabanas, na parroquia de Santa Comba. O concelleiro Manuel López Fernández solicitou ao goberno local a reparación urxente deste inmoble propiedade municipal lembrando que existe unha partida de 27.696 €, aprobada o 30 de xuño de 2014 para realizar estes traballos”.
López conminiou á alcaldesa para que, de forma paralela ás obras, decida quen e que uso queren dar a este edificio indicando que hai que ter en conta que “a parroquia xa ten local social propio”.
A proposta do PP é “estudar a posibilidade de ceder estas instalacións á asociacións culturais, rurais, cinexéticas ou de pesca por un periodo e cunhas contraprestacións para o Concello de tipo educativo ou sociocultural”.
O edil popular destacou que “esta escola é outro dos patrimonios inacabados e enquistados que deixaron os socialistas aos veciños de Lugo”. López lamentou que, a estas alturas e logo de seis anos, “segamos pagando as consecuencias de decisións inexplicables como a que tiveron os socialistas de arranxar en 2009 este edificio sen ter en conta que xa había na parroquia un local social e que se arranxou con 250.000 € do Plan E e que tampouco tiñan previsto para que a ían utilizar”.
Manuel López lembrou que a rehabilitación da escola de cabanas e a de Labio se executaron ao abeiro dunha subvención concedida no ano 2009 pola Consellería de Traballo e Benestar, dependente da Xunta de Galicia, o que permitiu un investimento de 485.080 euros. Ningún dos inmobles se concluiu.
Deterioro progresivo
O deterioro desta escola de Cabanas en Santa Comba salta á vista: o edificio está sen portas e o seu único peche son unhas táboas e cun candado; o inmoble tamén carece de servizos, a escaleira quedou a medio facer e a pintura xa escarchou. Outro problema que presenta é que podería deteriorar ainda máis o mal estado do edificio é a maleza que invade a parcela e que xa chega ata o 2º andar. Os populares tamén suxiren que se aseguren as árbores que hai nas súas inmediación “unha delas caeu e as outras dúas poderían correr a mesma sorte”, matizou López “se se desploman caerían riba da escola”.
Manuel López cre que sería moito máis productivo para os lucenses que a alcaldesa Lara Méndez visite as obras que deixaron inacabadas os seus antecesores para ir pensando algunha solución xa que “deixar aparcado sine die o futuro de inmobles como esta escola rural empeorará o seu estado”.