Economía

O PP alerta que empresas lucenses teñan que recurrir á xustiza para cobrar facturas impagadas polo concello

By 6 Xullo, 2020Xullo 7th, 2020Sin comentarios

os populares desvelan que unha sentencia condena ao concello a pagar 56.600 € ademáis de 1.219 € de intereses de demora, máis as costas do procedemento polo impago, en tempo e forma, de 12 facturas de reparacións e mantemento  realizados hai dous anos

O Grupo Municipal do PP alerta de que empresas lucenses víronse obrigadas a reclamar no xulgado o pago de facturas por traballos encargados e realizados ao concello. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide aclara que “esto foi o que sucedeu con 12 facturas de traballos de reparación e mantemento que fixo unha firma do municipio en maio de 2018 a quen logo non se lle pagou, en tempo e forma, os 56.106,11€ que lles adebedaba”.

A sentencia, do 12 de maio de 2020,  é clara é estima que o concello ten que asumir 1.219 € en concepto de intereses de demora, así como as costas do procemento que suman 800€. Na argumentación da sentencia “o concello recoñece o retraso” pero o achaca “a ausencia de persoal por xubilacións, vacantes imprevistas, imposibilidade de contratación por razóns legais e inevitable posta ao día de novos responsables”. Antonio Ameijide aclara que “estas disculpas de mal pagador non convencen xa a ninguén, nin tan sequera aos xuices que acaban condeando ao concello”. O popular lembra que a administración tiña que aboarlle as facturas á empresa nos 30 días seguintes a súa emisión e, como non o fixo, de aí a condena. Ameijide tamén lembraba como o período medio de pago pendiente a proveedores se sitúa en 192 días de espera.

O popular reflexionaba que casos como estes son perxudiciais tanto para  a empresa “poñendo en risco a súa capacidade financeira” como para o concello de Lugo “que ten que asumir intereses de demora e pago de costas xudiciais”.

Para os populares “a falta de coordinación e a mala xestión” provoca casos como o desta empresa advertindo que de non axilizar a tramitación das facturas “non será a única empresa en recurrir á xustiza”. Ameijide indicaba que hai precedentes, incluso, de firmas que se viron avocadas a pechar porque lles asfixiaban os impagos e entre os deudores estaba, tamén, o concello de Lugo”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies