A concelleira popular Beatriz Vázquez pídelle á alcaldesa “que os esforzos que dedica a vender iniciativas para reducir a factura da enerxía en edificios públicos os dedique a impedir este descontrol que nos custa cartos a todos os lucenses”
A concelleira do Grupo Popular Beatriz Vázquez desveló que, como mínimo, durante a última semana as luces dun corpo central do edificio do auditorio permanecen encendidas as 24 horas do día.
A popular considera un despilfarro que se esté consumindo enerxía nun edificio baleiro e sen actividade ironizando “salvo que este sexa o novo sistema de seguridade que implanta o bigoberno no novo auditorio de Magoi”.
Dende o Grupo Popular critican que a alcaldesa “venda fotos con iniciativas para reducir a factura da luz en edificios públicos cando, por outra lado, despilfarra enerxía sen ningún control”. Vázquez pide á alcaldesa que os esforzos que dedica “á propaganda os utilice a poñer en marcha esta infraestructura que recibiu hai 5 meses”.