Economía

O PP alerta de que os investimentos para 2017, en Lugo, son os máis pobres da historia dos socialistas

By 21 Xuño, 2017Sin comentarios

Ameijide salientou que “Lara Méndez rebaixou nun 52% os investimentos con respecto a 2016” e que malia a pouca ambición e novidade dos proxectos “desconfiamos do seu grao de cumprimento” xa que “a estas alturas do ano co verán por medio e tendo en conta a súa capacidade de traballo sería unha milagre que conseguisen levalos a cabo”.

O Grupo Municipal do Partido Popular amosou “a súa decepción tanto pola forma como polo contido dos investimentos que presentou o goberno socialista”. “Primeiro, non foron capaces de sacar adiante os orzamentos e, agora, sorprenden cunha serie de proxectos salvavidas que ninguén confía que sexan capaces de executar”, explicou o voceiro do PP.

O voceiro popular Antonio Ameijide fixo unha primeira valoración das actuacións que os socialistas deron a coñecer aos medios de comunicación e informou “que analizarán, máis polo miúdo, cando se lles entregue toda a documentación”. Nese senso dende o PP lamentan as formas polas que se presenta este plan de investimentos criticando a falta de respeto institucional do goberno “logo se extrañan de que non acadan consensos. É incrible que despois do fracaso na negociación dos orzamentos para este 2017 sigan sen darse conta que están en minoría”. “Os únicos responsables do bloqueo do Concello de Lugo son o goberno socialista, pola súa falta absoluta de xestión, e os grupos que colocaron a Lara Méndez na presidencia da corporación” insistiu Ameijide.

O voceiro popular  considera que “os proxectos que presenta o goberno de Lara Méndez chegan tarde” engadindo que “moitas das actuacións que se inclúen neste documento xa deberían estar executadas, mentres que, outras están abocadas ao fracaso xa que é complicado que no que queda de exercicio as consigan rematar” en alusión “ao ritmo de traballo e á parálise de xestión que  caracteriza aos socialistas lucenses”.

A xuizo dos populares o documento do plan socialista tamén deixa entrever “que estamos diante dun equipo sen ideas, que utiliza unha política de parches para poñer remedio a problemas que leva dous anos sen afrontar, nin  moito menos sen resolver”.

Os datos:

  • Este é o plan de investimentos máis pobre dende que o PSOE gobernou en Lugo. No ano 2.000 se reservaron 12.7 millóns para obras e investimentos no municipio cando para este exercicio destinan 4.366.473 €.
  • A alcaldesa socialista recorta nun 52% os investimentos reais en Lugo con respecto ao plan de 2016.
  • Case a metade do plan de investimentos dos dous anos que leva a alcaldesa gobernando están sen executar. En 2015 quedou pendente un 43,4% e en 2016 un 41,78 %.
  • Renuncian a proxectos que foron prometidos de forma reiterada como a Biblioteca de A Piringalla, Praia Fluvial, Duquesa de Lugo …

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies