O voceiro popular confía en que “independentemente do despropósito que foi a organización da que ata o de agora foi sempre a festa máis importante do outono galego, sexa o espíritu afable dos lucenses o que invite a gozar destes días” xa que entende que “nunha festa non debe haber nin gañadores nin perdedores”
O voceiro do Grupo Popular trasladou hoxe o seu desexo de que os lucenses e os que visiten Lugo durante as patronales de San Froilán “disfruten con responsabilidade da oferta cultural, gastronómica e histórica que ofrece a cidade”. O popular reflexionaba que “todos estamos desexando recuperar a normalidade pero debemos ser prudentes e pensar nos demáis cumprindo as normas que establezan as autoridades”.
Dende as filas populares recriminan que “a tres días do comezo do San Froilán o único que trascendeu da organización desta cita festiva lucense foron “os tirapuxa entre PSOE e BNG á conta da instalación das barracas e a improvisación continua en todo o que ten que ver con este evento”.
Carballo tamén lamentou que “por primeira vez na historia destas festas non se fixo a presentación oficial do programa completo, non hai ainda programas de man, a páxina web e redes sociais se veñen de actualizar hai unhas horas, non hai casetas do polbo, eso si, gracias á presión que fixo o PP, dende o mes de agosto, al menos conseguimos que reaccionase a alcaldesa e permitise instalar atraccións no recinto feiral”.
O popular concluia indicando que “independentemente do despropósito que foi a organización da que, ata o de agora foi sempre, a festa máis importante do outono galego dende o PP confiamos en que, coma sempre, o espíritu afable dos lucenses invite a todos e todas a gozar do San Froilán” xa que entende que “nunha festa non debe haber nin gañadores, nin perdedores”.
De todos os xeitos avanza que, como é obriga da oposición, faremos un control dos gastos porque moito nos tememos que “pola premura e os cambios de opinión de última hora tiveran que recurrir á fórmula de contratos menores o que encarece o montante final da conta das festas”.