Economía

O PP anima aos lucenses a reclamar o cambio das placas de vado limitado a permanente

By 4 Novembro, 2021Sin comentarios

Os populares, dado que non se pode reparar o dano económico ocasionado pola taxa desorbitada que se cobrou este ano polas pasaxes comerciais, anuncian  “unha campaña informativa para asesorar aos afectados para que consigan a placa que lles permita dispoñer de entrada e saída libre no seu vado en vez de 8.00 a 20.00 horas as 24 horas polas que PSOE e BNG lles obrigan a pagar”

O Grupo Popular anima aos lucenses con vados comerciais afectados pola suba desorbitada desta taxa que soliciten  o cambio de pasaxe “de caracter limitado a comercial permanente”. Os populares emprenderán unha campaña informativa e asesorarán “a aqueles veciños e veciñas perxudicados que recibiron, nestas últimas semanas, a taxa da pasaxe correspondente ao 2021”.

Os populares lembran que a suba desta taxa triplicou nalgúns casos o que viñan pagando polo aproveitamento especial de vía pública. Esta situación vén da man da decisión de  PSOE e de BNG que acordaron, de forma unilateral, que a tarifa por ter un vado comercial entre 8 da mañá a 20.00 horas da tarde tiña que ser a mesma que por ter esta reserva de solo as 24 horas.

Neste último mes xa se rexistrou  un decreto de cambio de pasaxe dun propietario dun negocio. Tamén hai quen optou por pedir que se deixase  sen efecto o recibo “algo que dende o goberno local lle denegan porque se amparan na ordenanza que aprobou o ano pasado en solitario PSOE e BNG”. Hai que prefire utilizar a vía do recurso de reposición recibindo por resposta que se desestima o seu argumento. Por último tamén os hai  que reflicten a súa indignación por este atropelo vía comisión de suxestións.

Á vista da indignación que hai pola suba dos vados os populares piden á alcaldesa “que non permita que os seus minimicen este tipo de asaltos ao peto dos lucenses” e lle recorda que “a recuperación postpandemia pasa por axudar á xente no día a día”. Dende o PP insisten en que o bigoberno debería escoitar máis á veciñanza e que tamén debería aceptar a proposta do Grupo Popular de reformular a ordenanza de ocupación de vía pública para que non se repita o próximo ano “este sablazo aos lucenses”.

Os populares tamén informan que continúan recibindo e tramitando as queixas por sobrecustes en facturas de auga e agardan que “tralas 240 reclamacións recibidas accedan a modificar á ordenanza para que  no caso de que non sexa posible a lectura do contador, proceder a reformulación do sistema de cálculo, dividindo o consumo de auga polos trimestre nos que non se levou a cabo a lectura do contador, evitando deste xeito, liquidacións inxustas nas que se aplican o custe de metro cúbico de exceso”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies