Sen categoría

O PP anuncia que non descarta pedir un pleno extraordinario para que o goberno local ceda os terreos necesarios para a nova Comisaría da Policía Nacional en Lugo

By 29 Xullo, 2024No Comments

Esta proposta xurde logo de que tanto no Ministerio como no pleno municipal do pasado venres o PSOE e o BNG respondesen “con vaguedades e sen entrar no fondo nin dar datos concretos” sobre a situación do proxecto

LUNS 29 DE XULLO DE 2024
• A voceira popular explicou que hai orzamento para construir esta infraestrutura e hai un compromiso da alcaldesa, do pasado mes de febreiro no que elixía como ubicación para construír esta infraestrutura a zona norte (Alvarellos aseguraba que “agora xa non hai volta atrás” comprometéndose a ceder unha parcela de 2.117 metros cadrados na confluencia da rúa Orquídea con Aquilino Iglesias Alvariño)

• A popular desvelou que Concello e Goberno central discuten se un decreto de alcaldía é suficiente para garantir a cesión das parcelas necesarias ou, polo contrario, se precisa un acordo de pleno, de aí que hoxe puxesen sobre a mesa a petición de pedir unha sesión extraordinario

• Elena Candia, explicou que o Partido Popular asumiu o compromiso de liderar o impulso desta dotación lembrando as diferentes iniciativas que se presentaron de xeito coordinado tanto no Congreso, no Senado así como no pleno do concello de Lugo.

• Foi precisamente o pasado venres á unha pregunta do PP no pleno municipal sobre o retraso na entrega das parcelas para facer esta infraestrutura se nos contesta de forma literal que “la tramitación del expediente sigue su curso tal cual estaba previsto para poder materializar y se elevará al pleno cuando corresponda”

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies