Seguridade

O PP apoia á concentración convocada para mañá en Lugo que reivindica a reforma da ‘Lei do só si é si’

By 15 Febreiro, 2023No Comments

O Presidente local do Partido Popular Ramón Carballo invita a todos os afiliados e aos lucenses en xeral a respaldar esta acción na rúa convocada por colectivos de mulleres “e que nós apoiamos ao 100%”

O Partido Popular anuncia que mañá xoves participará na concentración promovida polo colectivo Mulleres en igualdade provincial de Lugo-Buemi para reclamar a reforma da Lei de Garantía da Liberdade Sexual da que se beneficiaron, para reducir penas ou saír de prisión, uns 500 violadores e agresores sexuais.

O Partido Popular súmase ás voces da sociedade civil que reclaman a reforma desta lei que, onte mesmo, facilitou a saída de prisión (dous anos antes do previsto) do coñecido como ‘violador do portal’, un agresor sexual que actuou na zona centro e sur de Lugo en 2016.

PROPOSICIÓN PLENO

Lembrar que o Grupo Popular anunciaba onte que defenderán unha iniciativa no pleno de febreiro na que piden á alcaldesa que se poña na pel das vítimas lucenses deste agresor e apoie a reforma desta lei por ser “de sentido común que todos unamos a nosa voz para evitar que agresores sexuais vexan reducidas as súas penas porque cómpre de defender ás vítimas, non aos agresores”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies