- Os residentes no barrio da Milagrosa ademais de explicar que “a prevención é a mellor política para aplicar no eido da seguridade” tamén incidiron en que neste barrio onde hai un parque inmobiliario moi deteriorado “é necesaria a rehabilitación dos edificios e espazos públicos así como o impulso dun plan de dinamización para o comercio de proximidade”
PROPOSICIÓN
- Os populares aproveitaron a xuntanza para presentar unha iniciativa que defenderán no pleno da vindeira semana na que se propón deseñar plans específicos de seguridade en diferentes zonas da cidade
- Outra petición que se enmarca dentro dos dispositivos de seguridade en barrios sería a da instalación de cámaras de videovixilancia en zonas sensibles do municipio como podería ser alguna localización do barrio da Milagrosa co ánimo de mellorar a seguridade e evitar atentados contra o patrimonio.