MÉRCORES 15 DE NOVEMBRO DE 2023
- Os populares comparten e se suman ás revindicacións do persoal de limpeza de “dignificar esta profesión” lembrando como “as de Lugo son as peor pagadas do sector, cuxos soldos están á cola en España” e engadindo que “estamos a falar dun sector fortemente feminizado xa que o 95% do seu persoal son mulleres e onde existe un alto nivel de precariedade”
- Os populares aseguran que “os políticos temos a responsabilidade de non esquencer o papel esencial das limpiadoras, un traballo que tanto se eloxiou e que se visibilizou, durante a pandemia”
- Os populares que mantiveron nas últimas semanas varias reunións coas centrais sindicais da CIG, CC.OO e UGT analizaron cos seus representantes diferentes cuestións que “poderían ser interesantes e de futuro para o sector”.
- Neste momento a negociación do convenio provincial da limpeza é a prioridade polo que os populares, tendo en conta que se trata dun servizo esencial, comprometéronse a trasladar aos axentes, que poden colaborar para desbloquear este conflito, as peticións que lles fixeron chegar nestes encontros de traballo.