Turismo

O PP aprecia “pasotismo e desinterese” do goberno local coa APP de turismo

By 25 Agosto, 2015Xaneiro 14th, 2016Sin comentarios

A edil popular Encarna Amigo considera unha “tomadura de pelo” que os socialistas atribúan a non actualización da APP para móbiles “durante un ano” ás vacacións do persoal de Cultura e lamenta que “culpen aos funcionarios dos seus erros”

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular Encarna Amigo criticou esta mañá o “desinterese e o pasotismo absolutos” que amosa o goberno municipal con respecto á APP de turismo para móbiles.

Tal como explicou a responsable de Cultura e Turismo do GMPP, “é unha tomadura de pelo aos veciños que, en resposta a preguntas do PP, o goberno local atribúa a falta de actualización dos contidos ao longo do último ano ás vacacións do persoal de Cultura”. “O único que fan os socialistas é culpar dos seus erros e da súa incapacidade aos empregados públicos en lugar de asumir as súas responsabilidades, que son claras e ineludibles”, asegurou.

Así mesmo, Encarna Amigo censurou que “en pleno verán, cando máis útil e necesaria pode ser esta APP, non se pode descargar nos dispositivos con sistema Android, que son os que teñen a maioría de usuarios”, polo que reprochou aos socialistas que “non tiveran executado as oportunas modificacións e adaptacións, perfectamente previsibles, con anterioridade”. “E tan preocupante coma iso é que o goberno municipal nin sequera sexa capaz de concretar cando volverá estar operativa para estes dispositivos”, aseverou a popular, para quen “non serve, por inconcreto, que os socialistas digan que nun breve prazo de tempo” estará dispoñible para calquera tipo de sistema operativo e dispositivo.

Por outra banda, a popular tamén denunciou “a nefasta imaxe” que ofrece a APP posto que “as recentes actualizacións o único que recolle son eventos baleiros de contido e de información, que fan totalmente inútil a aplicación”. Nese senso, Amigo puxo como exemplo o programa Músicas ao teu carón do que unicamente se informa da hora de celebración e a data, pero non do lugar ou dos participantes, “entre outros datos esenciais”.

Así mesmo, criticou que na APP se continúen promocionando locais de hostelería xa pechados, ao tempo que censurou “a falta de transparencia” dos socialistas, que se negaron a facilitarlle ao PP, tal como solicitara este grupo político, datos de descargas desglosados por meses e sistema operativo. “Probablemente esta falta de información se deba a que o número non é o agardado polo goberno nin o que cabería agardar tendo en conta o investimento realizado”, apuntou.

Por último, Encarna Amigo asegurou que “o que reflicten todos estes erros é que o goberno municipal desaproveita unha ferramenta que podería ser moi útil debido a unha razón moi sinxela: que os socialistas non cren no turismo nin no potencial que ten o noso municipio nesa materia”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies