A concelleira popular Beatriz Vázquez explica que “ainda que queda moito para o Nadal, cos antecedentes deste bigoberno, urxe iniciar a tramitación do alumeado ornamental para non quedarnos atrás” desvelando como “na maioría das grandes cidades galegas como A Coruña, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo, xa iniciaron o proceso”
A concelleira popular Beatriz Vázquez afirma que “ainda que queda moito para o Nadal, á vista da última neglixencia do goberno local a conta do fiasco da iluminación do San Froilán, reclama que se inicie canto antes o proceso de contratación do alumeado navideño”. De feito, a popular indicou que hai un acordo de pleno, do ano 2018, no que toda a corporación, votaba a favor dunha petición do PP para que os procesos de contratación cunha periodicidade fixa, como é o alumeado do Nadal, se inicien cunha antelación suficiente ao comezo das actividades ou necesidades”
A popular explicou que “mentres a práctica totalidade das grandes cidades galegas xa teñen adxudicadas ou están en proceso de licitación as luces navideñas, citando os exemplos de A Coruña, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo onde mesmo xa se están a instalar, en Lugo estamos a día de hoxe sen ningún tipo de planificación”.
Vázquez indicou que “dende o Grupo Popular pensamos que, nun Nadal tan atípico como este, é especialmente necesario o alumeado ornamental” matizando que “é preciso devolver a ilusión e o pulso comercial da cidade xa que o pequeno comercio atravesa unha situación moi complicada”. “Hai que incentivar as compras e estimular o emprego local para evitar que continúe o goteo de peches do pequeño comercio en Lugo”, reflexionaba Vázquez
A popular suxire que “as luces navideñas en Lugo se acendan o vindeiro 5 de decembro e que as arcadas non só se coloquen no centro senón tamén en diferentes barrios para evitar aglomeracións de público e fomentar as compras en toda a cidade”.
Para a popular “a iluminación navideña repercute de forma directa na campaña navideña e supón unha oportunidade para apoiar ao pequeño comercio, de aí que inste ao goberno local a poñerse as pilas e impulsar a adxudicación deste contrato nos próximos días”.
Por último solicita que os motivos destas luces teñan unha estética relacionada “cos valores e símbolos tradicionais destas festas” lembrando como o ano pasado se colocou o mesmo alumeado que o das festas patronais no que mesmo se siluteaba a Catedral de Santiago en vez outros monumentos da cidade como a muralla”.
Os populares manifestaron que a falta de previsión é unha constante con este contrato indicando como en 2018, por falta de dilixencia, Lugo foi a cidade de España que máis tarde acendeu o seu alumeado navideño.