O vicevoceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide critica que Lara Méndez e Rubén Arroxo segue a manter ao Concello de Lugo nunha espiral de pagos ao marxe da lei, xa que explica que debido ao elevado número de servizos co contrato caducado ou sen contrato hai que destinar que destinar a terceira parte do orzamento municipal ao pago de facturas que se atopan fóra da legalidade
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia o que foi o ano 2020 para Lara Méndez e Rubén Arroxo: un novo fito histótico, neste caso negativo, xa que aumentaron o récord de pagos con reparos de legalidade, que xa tiñan no seu poder, xa que durante o pasado ano entre a alcaldesa e o vicealcalde autorizaron o pagamento de 34.524.767,51€ ao marxe da legalidade.
Esta cifra supón que durante o pasado ano o Concello de Lugo disparou o gasto fóra da lei en 6.612.884,07€, ao pasar dos 27.911.883,44€ do ano 2019 aos 34.524.767,51€ de 2020, un dato que certifica unha das principais denuncias realizadas dende o Grupo Municipal do Partido Popular nos últimos anos, que o bigoberno local segue a manter un elevado número de servizos co contrato caducado ou, directamente, sen contrato.
Antonio Ameijide culpa directamente á “nefasta” planificación económica de Lara Méndez e Rubén Arroxo, que se ve reflectida no pago de facturas con reparos de legalidade. “Despois de que a alcaldesa e o vicealcalde sacaran peito por aprobar os orzamentos de 2021 temos que dicirlles que a terceira parte dese orzamento irá destinado a pagar facturas que non seguen os procedementos legais establecidos ao manter ao Concello de Lugo nun limbo permanente de alegalidade”, explicou.
Ante esta situación, o concelleiro popular insisten a necesidade de devolver á legalidade todos aqueles servizos que se atopan co contrato caducado ou sen contrato, xa que, segundo recoñecen dende a intervención municipal en varios informes, estes pagamentos derivan da prestación de servizos efectuadas sen soporte contractual que os ampare en función da súa natureza, informes nos que se sinalaba que se efectuaban os reparos “ben porque tivera finalizado a vixencia dos respectivos contratos sen terse iniciado o expediente de novas licitacións, permitindo a continuidade das prestacións en precario e coa natureza da prórroga consentida sen cobertura contractual, ben porque se tivera considerado como gastos/contratos menores non xustificándose tal condición nin pola natureza, nin pola periodicidade nin pola contía acumulada”.
Os contratos que se atopan nunha situación de ilegalidade e que acumulan unha maior contía económica se atopan:
- Recollida do lixo: 6.818.342,12 €
- Edar: 1.999.542,22€
- Etap: 1.788.741,69€
- Mantemento rede semafórica: 1.819.046,88€
- Limpeza das dependencias municipais: 1.934.359,36€
- Mantemento das zonas verdes: 1.345.288,88€
Unha situación que xa é característica deste bigoberno, coñecido por ser “un mal pagador habitual” e que sempre actúa cunha dobre vara de medir xa que mentres dilata o pago de facturas, non teñen problemas en aplicarse unha suba salarial, pese a que xa eran o goberno máis caro da historia de Lugo. “Na actual situación económica, en lugar de acelerar os pagos, seguen a demoralos a pesar dos centos de lucenses afectados por ERTES ou despedimentos. Unha inmoralidade propia da falta de ética e coherencia deste bigoberno”, afirmou.
Uns datos que reafirman que a política económica do goberno local precisa “dun cambio inmediato”, ao que Antonio Ameijide engade que a situación é aínda más grave ao engadir aos reparos de legalidade os recoñecementos extraxudiciais de crédito que o bigoberno leva mensualmente a cada pleno.