Antonio Ameijide explica que o propio interventor municipal advirte dunha posible suba de impostos e taxas municipais como no lixo, sumidoiros, auga e depuración por estar descompensados os ingresos con respecto ao custe real do servizo
- Dende o PP piden á rexedora que deixe de mentir cando fala de conxelar impostos e taxas municipais con estes orzamentos xa que estas figuras regúlanse nas ordenanzas fiscais que e, na realidade, soben as que aprobaron hai dous meses como, por exemplo, a que multiplica por 4 as taxas por ocupación de vía pública
- Antonio Ameijide acusa a Lara Méndez de “querer enganar aos lucenses” mesturando conceptos financeiros para tentar tapar a suba de impostos e taxas pero non o vai a conseguir xa que os lucenses decataranse desta suba en canto cheguen os primeiros recibos do ano
- No PP acusan a Lara Méndez e Rubén Arroxo de “endebedar deliberadamente” aos lucenses para facer a súa campaña persoal xa que o goberno local pretende aprobar un “orzamento descompensado” no que se gasta máis do que se ingresa aproveitando a supresión da regra de gasto trala pandemia covid
- Os populares non entenden como Lara Méndez fala con tranquilidade de que pedir un crédito de 11.775.000€ “é algo moderado” cando na realidade falamos de que está a solicitar un crédito que supón máis do 10% do orzamento total
- Desde o PP desvelan que o informe do interventor pon sobre a mesa a posible intención do goberno de Lara Méndez e Rubén Arroxo pretende subir o recibo do lixo, comezar a cobrar esta taxa ás comunidades de veciños e comezar a cobralo tamén nas parroquias do rural onde a recollida do lixo é deficitaria ou inexistente
- Os populares critican a total ausencia de fondos para proxectos fundamentais como a demolición do Garañón, nin para a posta en marcha do auditorio de Magoi, nin para o novo pavillón, nin para a praia fluvial ou para a apertura do edificio Impulso Verde, nunha mostra máis de que “non saben a que dedicar esta infraestrutura”
- No Grupo Municipal Popular pregunta a Lara Méndez de que partidas vai a quitar cartos para facer fronte aos 13.749.442€ que custará o contrato do lixo en 2023, un servizo deficitario ao ter previsto ingresar polo recibo 7.281.000€ cando na realidade só ingresaron en 2021 4.880.000€
- Ameijide desvela que si que figuran nos orzamentos 658.683€ para a cafetería da Fábrica da Luz, o proxecto estrela de Lara Méndez e que non se entende ao ver pechada a cafetería do Vello Cárcere e como ninguén quere optar á licitación da que hai no parque Rosalía de Castro, unha cafetería que terá un custo total real de 3.1M€ (xa que hai que sumar os 2.4M€ de indemnización xa pagada)
- No PP lamentan o nulo peso que teñen as parroquias do rural neste orzamento ás que so destinan 268.000€ de investimentos (menos do 2% do total do orzamento) o que supón renunciar a saneamento e abastecemento mentres que na partida de gastos unicamente se prevén 195.000€ para mantemento, polo que as pistas seguirán nun pésimo estado de conservación
- Ameijide denuncia que “nótase que Lara Méndez e Rubén Arroxo están quentando para as municipais de 2023 xa que esquecen deliberadamente inversións fundamentais e consignan outras para maquillar como 130.000€ para bancos”
- Neste senso, tamén se nota que non haberá Arde Lucus nin San Froilán antes das eleccións e ambas celebracións ven reducida a súa consignación orzamentaria a 280.000€ (en 2022 tiña 350.000€) e 725.000€ (en 2022 tiña 1.085.000€) respectivamente
- Os populares lamentan a falta de proxectos de calado neste borrador de orzamentos e, os poucos que hai, están vinculados a préstamos e a fondos europeos “polo que moito nos tememos” que ningún será realidade
- No PP critican a nula previsión de gasto de Méndez e Arroxo que seguen negándose a licitar un contrato para xestionar o gasto eléctrico do Concello de Lugo que, en 2023, disparará a súa factura xa que dos 4.936.000€ previstos para electricidade para tratar auga para abastecemento e depuración, iluminación pública urbana e para a casa do concello e do seminario, pasarase a 10.228.349€
- Ameijide sinala que case todas dependencias municipais ven reducidas as partidas dispoñibles para gastos como vías públicas urbanas que, desde o ano 2021, viu reducida a súa partida de gastos en 1.300.000€ ou os gastos de emerxencia social que se conxelan a pesar de que hai máis lucenses en risco de pobreza e que se dispararon os gastos do día a día
- Os populares critican a Lara Méndez por seguir a gastar máis na difusión da súa imaxe (205.000€) que o que destina en publicidade e propaganda á promoción de Lugo como destino turístico (10.000€ en 2023)
- No PP lamentan que non se destinen partidas concretas para solucionar as graves deficiencias detectadas na escola infantil municipal Gregorio Sanz, á que so destinan 6.000€ en gastos diversos, ou para arranxar as numerosas deficiencias que hai nos museos municipais