Antonio Ameijide acusa ao BNG de irresponsable “por negarse a pedir unha liña de axudas europeas destinadas a proxectos de eficiencia enerxética que sufragaba o 80% das actuacións” desvelando que “non se tramitou porque Arroxo sabía que quen ía vender os proxectos, por tratase de Fondos Europeos, sería Lara Méndez”
O Partido Popular acusa ao BNG de renunciar a tramitar unha axuda que podería ter chegado aos 8M€ para proxectos de eficiencia enerxética no municipio. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide puxo de manifesto que “este desprezo aos fondos europeos é o resultado das continuas pelexas de socialistas e nacionalistas por sair na foto e do reparto de áreas acordado por Lara Méndez e Rubén Arroxo no pacto de goberno”.
Ameijide lamenta que “se perdese a oportunidade de recibir fondos europeos que permitirían a renovación completa da iluminación da cidade por cuestións partidistas. O vicevoceiro popular considera “vergoñento que os nacionalistas presuman de investimentos en iluminación eficiente na cidade cando esta mellora podería ternos saído gratis”. “É un insulto aos veciños que, día sí día tamén, os edis do BNG se fotografían diante das farolas novas de distintas rúas e que pagamos co diñeiro dos lucenses cando estas luminarias podían ir con cargo aos fondos europeos e deixando todos estes cartos para outros investimentos tamén moi necesarios na cidade”.
Hai que lembrar que “os fondos europeos son competencia do PSOE e que a iluminación depende da área de infraestructuras do BNG e foi por este motivo polo o BNG “renunciou a pedir a subvención a proxectos singulares de entidade locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020”. Na convocatoria repartíronse preto de 1.000 Millóns de euros.
Ameijide lamenta que “a nova política do goberno de esquerdas do Concello de Lugo se rixa polo partidismo” e piden sensatez a Lara y Ruben e pídelles que “deixar de lado o afán desmesurado de protagonismo individual e se centran en traballar por Lugo” xa que “aquí non representan nin ao PSOE, nin ao BNG senón a todos os cidadans que viven en Lugo”.