Persoal

O PP atribúe a xudicialización dos procedementos de persoal no Concello de Lugo á nefasta xestión do PSOE

By 16 Setembro, 2021Sin comentarios

O voceiro do Grupo Popular Ramón Carballo considera que a reacción do goberno local de levar á fiscalía “unha posible filtración nuns exames da policía local” evidencia os problemas de xestión de persoal deste concello.  “O feito de que este asunto esté baixo a lupa dos tribunais non nos colle por sorpresa xa que nos últimos tempos son moitos os casos que acaban xudicializándose e os responsables municipais intentan lavarse as mans”.

O popular asegura que “cousa que tocan os responsables políticos de persoal, cousa que acaba no xulgado” matizando que “en Lugo é xa un mal endémico a sucesión de casos relacionados co persoal que acaban nos xulgados”.

Para Carballo este tipo de situacións son perxudicias non só porque desprestixian a imaxe da institución senón porque tamén retrasa as novas incorporacións do cadro de mando da policía local o que repercutirá na prestación final do servizo. Os populares insisten en que “neste momento é máis necesario que nunca contar con efectivos policiais na rúa para atallar problemáticas de seguridade e convivencia”.

A terceira consecuencia é a dos gastos que supoñen estas accións sobre todo tendo en conta o sin fin de sentenzas desfavorables. Unha da máis sonadas foi a que obrigaba a reincorporar á xefa de persoal a quen cesaron de forma fulminante culpándoa das neglixencias en materia de persoal levadas a cabo nos 20 anos de gobernos socialistas.O popular lembrou como “a xuiza que levou o caso considerou que os motivos alegados polo goberno local para apartar a esta funcionaria do seu cargo só eran valoración subxectivas”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies