Obras

O PP atribúe á descoordinación entre Concello e Deputación o bloqueo do alumeado de Pedáneo Xoan Diego

By 5 Decembro, 2016Sin comentarios

O vicevoceiro do populares Antonio Ameijide pide explicacións aos socialistas dos motivos polos que as farolas, instaladas hai máis de 4 anos nesta vía de Paradai, ainda non se puxeron en funcionamento

O Grupo Municipal do Partido Popular afirma que a “falta de entendemento e a deixadez de funcións entre Concello e á Deputación” frenan, dende hai anos, o encendido do alumeado público da rúa Pedáneo Xoán Diego. O vicevoceiro dos populares Antonio Ameijide pide aos socialistas que expliquen os motivos polos que están postpoñendo a posta en servizo destes puntos de luz así como, as razóns polas que retrasan os trámites para conectar as farolas que se instalaron, hai máis de catro anos, nesta vía situada en Paradai, no entorno do paseo do Rato.

O popular lembra que o pasado mes de xullo, a preguntas do Grupo Popular, o goberno local asegurou que para recibir a obra “tiña que estar en perfectas condicións”. Ameijide salienta que “esta resposta é inaudita xa que está nas súas mans realizar as xestións precisas para a súa posta en servizo” lembrando que “estamos falando dunha intervención que se inaugurou en agosto de 2012 e na que se investiron 1.5M€ e segue sen prestar servizo aos lucenses”.

Mentres se solucionan “os problemas que recoñece o propio goberno coa recepción da urbanización de Pedáneo Xoán Diego” o popular propón “que a Deputación, de forma inmediata, proceda a conectar estes puntos de luz e paralelamente se estude a posibilidade de facer unha recepción parcial do alumeado público ata que se subsanen as cuestións pendentes  que o propio goberno local recoñece”. Ameijide manifestou que cando se inaugurou a vía, ainda que se comprobou que funcionaban as farolas, é posible que, polo paso do tempo e o vandalismo, haxa que cambiar algún foco”.

Perpetuo Socorro

O vicevoceiro popular manifestou a súa preocupación porque o apagón de Pedáneo Xoán Diego non é o único xa que en outras rúas, como  Perpetuo Socorro, tamén hai unha media ducia de luminarias apagadas.

“Os veciños que viven nesta rúa que comunica Otero Pedrayo coa Avenida de A Coruña levan tres anos sen estrenar as novas farolas que se instalaron cando se fixo a urbanización desta vía” explicou Ameijide. O vicepopular criticou  que  “pola despreocupación do goberno local teñan que conformarse coa iluminación dos antigos puntos de luz, menos potentes e insuficientes ademais de pouco eficientes”. O vicevoceiro indicou que a intervención que se fixo para o  abastecemento, saneamento e alumedo público de Perpetuo Socorro ascendeu aos 270.000 euros.(Primero tramo Rio Cabe –Avda Coruña/2013 e segundo tramo entre Rio Cabe e Otero Pedrayo/2014).

O popular insistiu en que “chegados a este punto os socialistas deberían clarificar os motivos polos que se bloquea este servizo, tanto en Pedáneo Xoan Diego como en Perpetuo Socorro, matizando que “despois das inversións realizadas é unha mágoa que os veciños non podan disfrutar del”.  “É ridículo investir en unha iluminación máis eficiente que proporcione seguridade e calidez ao espazo público para logo tela apagada” concluíu.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies