#FacendocidadeCulturaEconomíaHosteleríaMedio AmbienteTurismo

O PP comparte coas axencias e guías turísticos propostas para mellorar a promoción do patrimonio de Lugo

By 17 Outubro, 2024No Comments

No encontro de traballo que se celebrou hoxe analizamos cos representantes das axencias de turismo e as guías como mellorar e impulsar as estratexias para prolongar a estancia media e potenciar o municipio de Lugo como un destino atractivo.

Compartimos con estes profesionais que dende o Concello é preciso:

• Potenciar as oportunidades que ofrece a ubicación de Lugo como lugar epicéntrico para abarcar toda provincia, así como recursos de gran valor fóra da mesma
• Facer unha páxina web de turismo para ofrecer contidos dixitais atractivos e accesibles para cidadáns e visitantes
• Maior coordinación coas axencias e guías turísticas para promoción de produtos locais coa idea de desestacionalizar e prolongar a estancia media
• Mellorar a recepción e atención aos visitantes na oficina municipal de turismo así como valorar cambio de ubicación deste servizo municipal que na actualidade está na Praza do Campo
• Mellorar o mantemento dos museos, onde as pantallas táctis levan anos sen funcionar
• Promoción exterior e maior protagonismo na Feira de Turismo Interior de Valladoliz, Intur que se celebra no vindeiro mes
• Por último, compartimos que se reforce a identidade do pequeno comercio e coincidimos en que a agresividade das obras do centro están reducindo o encanto e identidade da cidade.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies