Os populares piden aos socialistas un esforzo, nestes días previos ao Arde Lucus, para mellorar o mantemento destes espacios verdes que “adquiren unha especial relevancia durante estas festas ao congregar aos milleiros de persoas que participan no espectáculo do circo romano”
O Grupo Popular solicita un servizo extraordinario de reforzo de limpeza e mantemento para as Costas e o Parque Rosalía de Castro. A concelleira do PP Ana López Pombo fixo esta petición co ánimo de que, un dos escenarios onde se celebra un dos actos máis multitudinarios do Arde Lucus, presente a súa mellor imaxe. A edil refírese aos diferentes pases do Circo Romano, un dos actos máis masivos desta recreación histórica “estamos falando dunha Festa de Interese Turístico Nacional polo que o esforzo paga a pena”.
A petición dos populares abarca diferentes traballos de mellora, aseo e mantemento destes espacios “é preciso facer unha limpeza en profundidade, eliminar pintadas de edificios auxiliares e reparacións de mobiliario deteriorado. A edil insta aos socialistas a que no Parque Rosalía reparen e pinten bordillos e nivelar un gran socavón que hai no parque infantil indicando que podería ser un lugar idóneo para ubicar un arenero xa que “a zona a intervir cada vez se deteriora máis e o socavón segue medrando co paso do tempo”.
Nas Costas do Parque os populares reclaman un paquete de actuacións encamiñadas a mellorar a accesibilidade “hai que revisar e substituir as travesas de madeira deterioradas; fixar o pasamáns das escaleiras que comunican co segundo bancal; outro punto complicado sitúase na escaleira que comunica co pavillón á que se accede salvando un bordillo que habría que eliminar. A fonte que hai no segundo bancal tamén precisa ponerse a punto “hai que limpar as pintadas e sinalizar se a auga que mana é potable”. Xa por último dende o Grupo Popular reclaman que se acondicione unha pequeña pista que sirve de atallo para acceder dende República Arxentina ata a explanada onde se celebra Circo Romano.
Os populares afirman que esta fase previa do dispositivo especial de limpeza permitirá que todo está perfectamente preparado para esta celebración “temos entre mans unha das festas, xunto co San Froilán, máis importantes da cidade e que máis visitantes atrae”. “Agora coa declaración de Festa de Interese Turístico Lugo a cidade ten que presentar un perfecto estado de revista” concluiu López Pombo