A concelleira popular Sagrario Sánchez defenderá mañá no pleno unha iniciativa para que o Concello de Lugo permita aos lucenses realizar trámites nas dependencias municipais en todo o horario de apertura sen necesidade de concertar cita previa con anterioridade
Os populares comprobaron que hai servizos, como o de augas, no que xa non hai citas dispoñibles durante todo o mes de marzo o que supón un claro impedimento para que os lucenses realicen as súas xestións.
A concelleira popular explica que o espazo dunha hora diaria que habilitou Lara Méndez para ser atendido sen cita non é suficiente como así o demostran as ringleiras de veciños que nos últimos días se concentran no edificio administrativo.
A popular pide ao goberno local que se aclaren xa que mentres o BNG afirma que nas súas áreas non é preciso pedir cita previa (algo que se desmentiu esta mesma mañá solicitando cita previa para cambiar o padrón) Lara Méndez decide establecer unha hora de atención sen cita.