EconomíaTransparencia

O PP confirma que Lara Méndez é especialista en ‘simpas’ ao detectarse novos casos de impagos en comunidades de veciños

By 27 Xuño, 2022Sin comentarios

Mar Carballas reafirma a acusación de “moroso” ao goberno de Lara Méndez ao detectar un novo caso de impago do Concello de Lugo nunha comunidade de propietarios da que forma parte a administración lucense, ascendendo neste caso a débeda a 1.022,72€

Hai uns días, dende o Grupo Municipal do Partido Popular acusábase ao goberno de Lara Méndez de “moroso” por ter unha débeda de máis de 5.000€ con unha comunidade de veciños, acusación que negaron dende o goberno local pero que, na comisión da semana pasada, “terminaron por recoñecer”.

Explica a concelleira popular Mar Carballas que na comisión da semana pasada Olga Racamonde recoñeceu que “o Concello de Lugo xa se puxera en contacto coa comunidade afectada e xa se procedera ao pago dos 5.100€ que o goberno local debía en concepto de recibos da comunidade dun piso da súa propiedade, unha cota de obras nuns garaxes e unha derrama de obras”.

Ante esta situación, Mar Carballas realizou unha investigación das diferentes propiedades que ten o Concello de Lugo ao seu nome e atopou, polo menos, 22 pisos de titularidade municipal, aos que se engaden locais e baixos. É precisamente nun baixo de titularidade municipal onde se atopou unha nova débeda do Concello de Lugo coa comunidade de propietarios. “O goberno de Lara Méndez debe neste caso 1.022,72€ polo que non sería estraño que houbera máis débedas no resto de comunidades nas que o Concello de Lugo é titular dalgún inmoble”, lamentou.

A concelleira popular mantivo contacto con veciños de comunidades nas que o Concello de Lugo é propietario dalgún inmoble e os propios afectados lamentaron que se trata “de algo habitual, que o Concello de Lugo é un mal pagador”.

Circunstancia debida ao modus operandis do goberno local que non paga ningunha cota ás comunidades de veciños ata que estas “meten todas as facturas vía rexistro do Concello”. “O que vemos é que este goberno local non ten preocupación algunha por cumprir coas súas obrigas cos lucenses, mentres que o goberno de Lara Méndez si que esixe aos lucenses que asuman os seus compromisos coa administración local”, criticou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies