Seguridade

O PP confirma que Lara Méndez e Rubén Arroxo se poñen do lado dos antisistema ao negarse a reclamar a Pedro Sánchez a paralización da reforma da Lei de Seguridade Cidadá

By 27 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Os populares non entenden a postura tomada por Lara Méndez e Rubén Arroxo que optaron por poñerse do lado dos antisistema, en lugar de apoiar ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, ao votar en contra da petición ao Goberno de Pedro Sánchez de deter a reforma da Lei de Seguridade Cidadá.

A Lei Orgánica 4/2015, de 30 de marzo, de protección da seguridade ciudadá foi  aprobada durante a X Lexislatura por iniciativa do Goberno do Partido Popular cumple cunha finalidade esencial para o conxunto dos españois: crear un marco xurídico axeitado para protexer a seguridade ciudadá e garantir o libre exercicio de dereitos e liberdades.

O Goberno PSOE – Unidas Podemos acordou derogarla introducindo enmendas, no trámite correspondente, á Proposición de Lei sobre modificación de dita Lei de Seguridade Ciudadá que presentou o Grupo vasco do Congreso dos Diputados.

A actual Lei de Seguridade Ciudadá foi consecuencia dunha reforma necesaria, convinte e oportuna que deu resposta a unha demanda de amplios sectores da sociedade y, en concreto, das Forzas e Corpos de Seguridade.

España contaba entonces cunha lei do ano 1992 que tras 23 anos estaba desbordada, reinterpretada e precisaba dunha revisión por varios motivos, como as esixencias sociais que reclamaban mellor proteción das liberdades, a necesidade de ofrecer unha resposta apropiada a certos actos que quedaban impunes ou a necesidade dunha mellor cobertura e seguridade para as nosas Forzas e Corpos de Seguridade. Con ela apostouse por dar maior proteción ao dereito á reunión e manifestación pacífica e sancionar mellor e de xeito máis proporcional.

Do mesmo xeito, e esto é moi importante, a Lei 4/2015 surxiu fundamentalmente porque tras a modificación do antigo Código Penal de 1995, quedaran suprimidas as faltas, que pasaron a ser «infraccións administrativas» ou «delitos leves».

Esto significou que moitos comportamentos, que antes da reforma do Código Penal estaban contempladas como faltas coa súa correspondente sanción, pasaron a selo só no ámbito administrativo.

Coa súa aprobación, en modo algún se restrinxiron os dereitos de reunión, manifestación e folga, nin otorgou á policía un poder excesivo, senón que creou un marco adecuado para o traballo das Forzas e Corpos de Seguridade.

Dende a súa aprobación a Lei de Seguridade Ciudadá revelouse como un dos instrumentos fundamentais cos que contan as nosas Forzas e Corpos de Seguridade para hacer fronte á amenaza terrorista, polo que a súa derogación ou modificación sustancial dará osíxeno a esa amenaza, o que nos fará máis débiles fronte ao terror.

A súa aplicación non xenerou as graves consecuencias pronosticadas entón polos seus detractores, ningunha desas negras predicións cumpliuse, ao contrario, demostrouse como unha boa Lei.

La aplicación da Lei foi fundamental para a posta en marcha de medidas de control para evitar a extensión da pandemia do Covid e de feito, foi empregada de xeito habitual polo actual Goberno. Os ataques a esta Lei estiveron basados en criterios puramente de desgaste político, con argumentos de manual partidista.

A Lei de Seguridade Ciudadá é plenamente constitucional e así o confirmou a Sentenza de 19 de novembro de 2020 do Tribunal Constitucional, que rechazou con contundencia os argumentos xurídicos que entón planteou a oposición.

Por todo o exposto, o Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo, presenta a seguinte:

 

PROPOSTA DE ACUERDO

O Concello de Lugo, manifiesta o seu apoio sen fisuras á labor das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, e por isto insta ao Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para:

PRIMERO- Defender o mantenemento da súa dignidade, intimidad e o principio de autoridade que a actual lexislación lles asegura, e que as FCSE dispoñan dos medios materiais axeitados para o desempeño da súa labor.

SEGUNDO- Solicitar a retirada de calquera iniciativa de modificación da Lei de Seguridade Ciudadá nos términos anunciados.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies